Skip to Content

ALMORZO SAUDABLE

O pasado 20 de maio tivemos no cole unha xornada adicada aos "ALMORZOS SAUDABLES", unha iniciativa da Concelleira de Educación Mª Jesús Garbín que chegou á actividade acompañada do Alcalde Jesús Váquez Almuíña e dun fotógrafo da "Baionatv. com" para comprobar "in situ" como se desenvolvía o día. O concello proporcionounos a visita dunha nutricionista, Gloria Pérez para informarnos sobre unha boa alimentación. Nun principio a charla estaba dirixida aos cativos do centro pero dada a escasa idade dos alumnos o equipo docente acordou que sería mellor acollida entre os pais e nais.

Así foi que esa mañá os peques chegaron ao cole sin ter almorzado para poder facelo todos xuntos na clase. Mentras os papás escoitaban a charla da nutricionista, os nenos e nenas manipulaban os alimentos que se ían servir no almorzo. Os de 3 anos encargáronse de pór a mesa con manteis, pratos, culler e garfo, vaso para o zume e taza para o leite. Os de 4 e 5 anos estiveron a cortar a froita, facendo zume de laranxa e preparando as tostadas. Todos estes alimentos foron aportados polos papás e mamás dos alumnos, que sempre están dispostos a colaborar. ¡MOITAS GRAZAS!



page | by Dr. Radut