Skip to Content

SABIAS QUE...

SABÍAS QUE…

LIXO:

• Unha persoa xera 1,25 Kg de lixo ao día.

• De cada 100 Kg de lixo orgánico obtense 30 Kg de compost.

 

PAPEL E CARTÓN:

• Para producir unha tonelada de cartón virxe son necesarios 14 troncos de árbores.

• Con 6 cartóns de sopa reciclados fabrícase un rolo de papel hixiénico.

• Con 3 caixas de cereais reciclados fabrícase unha caixa de zapatos.

• Por cada folio que se recicla, afórrase a enerxía equivalente ao funcionamento, durante unha hora, de 2 bombillas de baixo consumo de 20 vatios, que dan a mesma luz que 2 bombillas incandescentes de 100 vatios.

• Ao reciclar unha tonelada de papel sálvanse 17 árbores.

• Fabricar papel novo a partir do antigo consume do 30 ao 55% menos de enerxía que fabricar papel da árbore.

 

VIDRIO:

• Da enerxía que se aforra da reciclaxe dunha botella de vidro pode iluminar unha bombilla de 100 vatios durante 4 horas.

• Todas as botellas e tarros de vidro pódense reciclar.

• Globalmente recíclase 80 000 toneladas de vidro e tíranse 920 000 toneladas.

 

PLÁSTICOS:

• Calcúlase que un millón de aves e 100 000 tartarugas, ademais de outros animais mariños, morren cada ano de fame, debido a inxesta de bolsas de plástico que bloquea os seu condutos dixestivos.

• Só se recicla o 1% das bolsas de plástico en todo o mundo.

• Unha bolsa de plástico ten un tempo de uso medio de entre 12 e 20 minutos, porén, poden tardar entre 15 e 1000 anos en degradarse.

• As bolsas de plástico bótase no colector amarelo.

• Con 15 botellas de plástico transparente fabrícase un forro polar.

• Por cada botella que se recicla afórrase a enerxía necesaria para ter o televisor aceso durante 3 horas ou a enerxía que necesitan 5 bombillas de baixo consumo de 20 W durante 4 horas.

• Os envases de plástico tardan en bio-degradarse 150 anos.

• España é o 3º pais consumidor de bolsas de plásticos mais importante a nivel internacional.

• O 20% do lixo recollido nas praias son bolsas.

• Os aneis de plásticos que traen as latas de refresco, son case invisibles baixo a auga e por iso os animais non os poden esquivar. Gaivotas, pelícanos, tartarugas, focas... morren afogadas ou estranguladas por eles. Antes de botalos ao lixo é importante cortalos para evitar isto.

• En España consómese cada ano 10 500 millóns de bolsas de plástico e só se recicla o 11%.

 

METAIS:

• Con 8 botes de conservas de lata reciclados fabrícase unha pota.

• Con 550 latas de aluminio recicladas convértense nunha cadeira.

• Se tiras unha lata de aluminio seguirá sendo un residuo sólido durante 500 anos.

• Fabricar aluminio a partir de aluminio reciclado require un 90% menos de enerxía que facelo a partir do mineral.

• A enerxía que se aforra con cada lata reciclada é equivalente ao consumo eléctrico dunha bombilla de 200 vatios ou de un televisor funcionando durante 1 hora.

 

PILAS E BATERIAS:

• En Europa, o 45% das pilas acaban nos vertedoiros e nas incineradoras, pese ao risco e a gran cantidade de puntos de recollida.

• O mercurio dunha pila botón pode contaminar 600.000 litros de auga, e dicir o equivalente a auga necesaria dunha vila de 3.000 habitantes nun ano ou a que consume unha familia de 4 persoas durante toda a súa vida.

 

ACEITES E PETRÓLEO:

• Un litro de aceite pode contaminar 1.000 litros de auga.

• Algúns expertos calculan que o 40% da contaminación dos ríos e lagos procede do aceite usado de motor.

 

OUTROS:

• En España prodúcese máis de 509 millóns de cabichas (datos 2006). A maiorís terminan ensuciando as rúas.

• En Europa tíranse 235 millóns de portátiles ao ano (datos 2006), dos cales só se reciclan menos dun 10%.

• Cada ano, 30 millóns de árbores son cortados no planeta para a fabricación de pañales de un só uso.

• Por cada grado de baixes o termostato da calefacción aforrarás entre un 5% e un 8% de electricidade. • Cada ano millóns de colares antipulgas van parar ao lixo e son unha fonte de contaminación.

• Os pañales (cueiros) de usar e tirar poden tardar hasta 500 años en descompoñerse.

• En 2009, o 10% da enerxía consumida en España procedía de fontes renovables, mentres que o resto, de centrais que teñen o petróleo e o carbón como combustible, o que incrementa as emisións de CO2.



page | by Dr. Radut