Skip to Content

SEMANA DO LIBRO_DÍA 5

A última idea para a semana do libro é: "Non hai berce coma o colo". Unha proposta diferente e orixinal, que acompaña as súas verbas con música.

Deixámosvos AQUÍ o acceso á un dos arrolos da obra.

 

NOVIDADES NO BLOGUE DA BIBLIOTECA

Tedes novidades no blogue da biblioteca "Os tesouros de Tontón". Podedes acceder facendo click na imaxe do borde esquerdo da web.

SEMANA DO LIBRO_DÍA 4

O conto de hoxe é "Pétala". Este ano empregamos este conto no segundo trimestre relacionándoo coa auga.

Deixámosvos o corto que relizou a escola no ano 2013 co que participou no plan Nós tamén creamos. Podedes velo AQUÍ.

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

#23 de Abril.

CONCURSO RELATO CURTO "O enxeño engaiolado"

Dende a Biblioteca de Baiona achégannos a seguinte información para participar nunha iniciativa polo día do libro.

"Estimad@s lectores/as, hoxe 23 abril, como ben sabedes, é a data promovida pola Unesco para conmemorar o Día Mundial do Libro e Dereitos de autor, xa que ese día, do ano 1616, faleceron: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

En Baiona organizamos para celebralo, un concurso de relato curto.

Como tod@s estamos sufrindo o confinamento, imos aproveitar o tempo e o igual que outros escritores:

Cervantes no seu encarceramento en Arxel, Óscar Wilde en Londres ou como Unamuno ou Miguel Hernández que dende a cárcel de Torrijos (Madrid) escribiu «Nanas da Cebola», animarvos a agudizar o enxeño e a participar neste concurso de relato curto "O enxeño engaiolado", convocado pola Concellería de Cultura e o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona, para este ano 2020.

Anímadevos a participar, un cordial saúdo."

BASES DO CONCURSO:

1. Poderán participar neste concurso persoasmaiores de 16 anos.

2. As obras presentadas serán relatos breves, de entre 1500 e 4500 palabras, en galegooucastelán, e terán como tema, central ou colateral, a biblioteca, o libro ou a lectura.

3. Presentaránse a dobreespazo, en Arial 12.

4. Os orixinais enviaranse por correo electrónico (biblioteca@baiona.org), en formato PDF e asinadosbaixo pseudónimo.

5. Os datos correspondentesao pseudónimo (nome e apelidos, DNI e número de teléfono) enviaransenun segundo arquivoaomesmo correo electrónico (biblioteca@baiona.org).

6. O prazo de admisión de obras comenzará o día 24 de abril de 2020, e rematará o 24 de xuño de 2020.

7. As obras non poderán ter sido premiadas en ningún outro concurso nacional o internacional, serán orixinais e inéditas.

8. Valorarase tanto a calidade literaria como as dotes creativas do autor ou autora.

9. O xurado estará composto por especialistas no ámbito bibliotecario e literario.

10. Concederanse 3 premios, consistentes en cheques-libraría por valor de 100, 200 e 300€. Canxeables en librarías de Baiona ata o 31 de decembro de 2020. Cada premio deberasecanxearde xeito íntegro na libraría que o gañador escolla.

1º Premio: 300 €

2º Premio: 200 €

3º Premio: 100 €

11. As obras gañadoraspublicaranse na páxina Web do Concello de Baiona.

12. O fallo do xuradofarase público no Concello de Baiona e na  Bibliotecao día 30 de xuño de 2020. Ese mesmo día comunicarase a forma de entrega dos premios.

 

 

SEMANA DO LIBRO_DÍA 3

Para o día de hoxe decantámonos polo conto titulado "Nadarín". Deixámosvos a versión do CRA Montearagón, podedes acceder dende AQUÍ.

Escollemos este libro pola mensaxe que nos transmite: Unidos poderemos espantar ó "peixe grande", que quere ameazarnos.

Esta creación do conto é moi recomendable, xa que está ilustrado e narrado polos nenos e nenas do citado CRA.

Esperamos que vos guste e vos faga pasar un ratiño moi ameno.

 


SEMANA DO LIBRO_DÍA 2

No segundo día da semana do libro queremos compartir con vos a lectura do conto titulado "Adivina cuánto te quiero".

Para acceder á narración, podedes facer click AQUÍ. Xa veredes que sorpresa! Entrade correndo!

 

Desexamos que vos guste e disfrutedes da lectura.

SEMANA DO LIBRO_DÍA 1

Deixámosvos un vídeo do conto (que atopamos na rede) onde a montaxe audiovisual é de Maite Calavia e as voces son do alumnado do CEIP "El Esparidero" en Zaragoza.

Aquí tedes o link: http://lacasetaespecial.blogspot.com/2012/02/cuatro-esquinitas-de-nada.html

SAÚDO TONTON

Familias, tedes na aula virtual e no Instagram da escola, un saúdo con moito agarimo que lle envía Tontón a todos os nenos e nenas do Areal.

CARTA DO EXCMO. CONCELLO DE BAIONA

Adxuntámosvos a carta que nos fixeron chegar para o alumnado dende o concello de Baiona.

Na aula virtual da escola, deixámosvos o PDF da carta por se tedes algún problema para visualizala.

 

TRABALLO PARA OS NEN@S

Revisade a AULA VIRTUAL da escola. Todas as semanas temos novos materiais.

Podedes acceder dende a pestana que está no borde superior esquerdo desta páxina web. Se alguén esqueceu o contrasinal, que se poña en contacto co centro a través do correo electrónico eei.oareal@edu.xunta.es

Esta semana, ademáis do material de cada curso, inglés, AL. Engadiuse traballo para o alumnado que opte polas ensinanzas de relixón e novos contos con pictogramas.

 

Coidarvos moito.

Distribuir contido


by Dr. Radut