Skip to Content

TEATRO EN INGLÉS

O PASADO XOVES 12 TIVEMOS NO COLE UN TEATRO EN INGLÉS. OS CATIVOS PASÁRONO MOI BEN: CANTARON, BAILARON E RIRON. AS SÚAS CARAS MOSTRABAN UNHA ATENCIÓN NUNCA VISTA.

6º de Educación Infantil visita o CEP de SABARÍS

Os alumn@s de 5 anos do EEI O Areal visitaron o CEP Sabarís, xa que este será durante os próximos 6 anos como mínimo o seu centro de estudios. Alí visitaron as instalacións e coñeceron algúns alumnos do centro.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO CURSO 2014/2015

                                             Axudas libros de texto

AS FAMILIAS DOS ALUMNOS DE 6º DE E. I. PODEDES ATOPAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, NO ENLACE DO PORTAL EDUCATIVO DA XUNTA DE GALICIA (NA COLUMNA DA DEREITA).

 

SIMULACRO DE INCENDIO

FOGO! FOGO! Ninooninooninooninoo

O pasado mércores 4 de xuño tivemos no cole un simulacro de incendio e como era de esperar apareceron os BOMBEIROS, a POLICÍA  e ata unha AMBULANCIA. Os cativos tiveron a oportunidade de aprender como se debe actuar nunha situación de emerxencia similar. Escoitaron atentamente todas as indicacións, manexaron as ferramentas dos bombeiros, subiron no coche policial, deitáronse na camilla da ambulancia e ata practicaron a respiración boca-a-boca aos seus peluches-víctimas, pero sen dúbida o que máis lles gustou foi facer soar todas as sereas e xogar coa espuma.

CANCIÓNS EN INGLÉS

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA ESCOLMA DE CANCIÓNS EN INGLÉS QUE FORON TRABALLADAS DURANTE ESTE CURSO ACADÉMICO NAS TRES AULAS DE INFANTIL:

ARTE CON CHOCOLATE

Os nenos e nenas de 4 anos pintaron o debuxo dunha torta de aniversario do sabor de chocolate, e que mellor que facelo con CHOCOLATE de verdade. Mentras pintaban... algúns lambían o pincel.

 

ALMORZO SAUDABLE

O pasado 20 de maio tivemos no cole unha xornada adicada aos "ALMORZOS SAUDABLES", unha iniciativa da Concelleira de Educación Mª Jesús Garbín que chegou á actividade acompañada do Alcalde Jesús Váquez Almuíña e dun fotógrafo da "Baionatv. com" para comprobar "in situ" como se desenvolvía o día. O concello proporcionounos a visita dunha nutricionista, Gloria Pérez para informarnos sobre unha boa alimentación. Nun principio a charla estaba dirixida aos cativos do centro pero dada a escasa idade dos alumnos o equipo docente acordou que sería mellor acollida entre os pais e nais.

Así foi que esa mañá os peques chegaron ao cole sin ter almorzado para poder facelo todos xuntos na clase. Mentras os papás escoitaban a charla da nutricionista, os nenos e nenas manipulaban os alimentos que se ían servir no almorzo. Os de 3 anos encargáronse de pór a mesa con manteis, pratos, culler e garfo, vaso para o zume e taza para o leite. Os de 4 e 5 anos estiveron a cortar a froita, facendo zume de laranxa e preparando as tostadas. Todos estes alimentos foron aportados polos papás e mamás dos alumnos, que sempre están dispostos a colaborar. ¡MOITAS GRAZAS!

CONMEMORANDO AS LETRAS GALEGAS

O PASADO DÍA 17 DE MAIO CELEBROUSE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E O NOSO COLE FESTEXOUNO CON DIVERSAS ACTIVIDADES. COMENZAMOS COAS FAMILIAS E O ALUMNOS PINTANDO O MURO DO CENTRO CON PALABRAS BONITAS EN GALEGO QUE OS PROPIOS ALUMNOS ESCOLLERAN. QUE FERMOSO QUEDOU!

 

 

DEPOIS TIVEMOS A ACTUACIÓN DO GRUPO DE MÚSICA GALEGA ESTRELA DEXTROXIRA COA NOSA ANTIGA ALUMNA,

NAIARA, GRACIELA, A SÚA NAI, ISA, A SÚA CURMÁ,  E O  PROFE XURXO. ENSAIAN  NO COLEXIO DE SABARÍS OS LUNS DE 7:30 ATA AS 9:00.  ADULTOS E NENOS/AS A PARTIR DOS 5 ANOS, ANIMÁDEVOS!

 

E POR ÚLTIMO, TIVEMOS A VISITA DOS ALUMNOS DE 4º DE PRIMARIA DO CEP SABARÍS QUE NOS REPRESENTARON UNHA OBRA DE TEATRO. QUE BEN O FIXERON!

PROXECTO ABELLAS

ESTE É O RESULTADO DO NOSO PROXECTO RELACIONADO COAS ABELLAS. ADEMÁIS DE BUSCAR INFORMACIÓN DESTES PEQUENOS INSECTOS, COA AXUDA DOS PAIS E NAIS TIVEMOS A OCASIÓN DE XUNTAR MOITO MATERIAL REFERENTE ÁS ABELLAS E ATA FACER UNHA PEQUENA DEGUSTACIÓN DO SEU MÁIS PRECIADO TESOURO: O MEL.

 

29-4-2014 SAÍDA A APÍPOLIS

O MARTES 29 DE ABRIL TIVEMOS UNHA SAÍDA A GRANXA ESCOLA APÍPOLIS (http://www.apipolis.com/), XA QUE O PROXECTO DE ESTE ANO SON AS ABELLAS. NA GRANXA FIXEMOS GALLETAS, UNHA VELA, VIMOS COMO SE SACABA O MEL... E APRENDEMOS MOITAS COUSAS NOVAS SOBRE AS ABELLAS!

Distribuir contido


by Dr. Radut