Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN 2021/2022. DOCUMENTOS E REUNIÓN.

                                    

 

O VINDEIRO MARTES, 25 DE MAIO, ÁS 16:00 H. REALIZAREMOS UNHA XUNTANZA COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO NO CURSO 2021/2022.

DURANTE A MESMA, FARASE ENTREGA DA SOLICITUDE OFICIAL DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA E IMPRESO DE RECOLLIDA DE INFORMACIÓN DA ESCOLA.

POR MOR DO CORONAVIRUS, SÓ PODE ASISTIR UN MEMBRO DE CADA FAMILIA E NON PODEN VIR NENAS/OS.

PRÉGASE MÁXIMA ASISTENCIA.

AS FABAS MÁXICAS

O pasado mércores tivemos na escola unha sesión de teatro en liña da man da Fundación Abanca. Unha nova maneira de vivir o teatro.

ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

CONTOMAR
 
Aldara na montañaespectáculo a cargo de Soraya Lema
Luns, 19 de abril ás 18:00h
Praza das escolas vellas (praza do antigo centro de saúde)
En caso de chuvia, no Auditorio
 
Máis información de actividades no banner de Espazo Lectura.

XANELA ABERTA Á FAMILIA E GUÍA DE ALIMENTACIÓN

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.

Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.

Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos

Para máis información:

AULA VIRTUAL

Pasádevos pola Aula Virtual da escola. Temos novas fotos do segundo trimestre colgadas. Para acceder tedes que premer no banner que pon "AULA VIRTUAL" situado na marxe superior esquerda desta mesma páxina.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021/2021.BAREMACIÓN.

DÍA DA MULLER: 8 DE MARZO

Para conmemorar o día Internacional da Muller, contamos coa actuación do contacontos "Daniela a Pirata" grazas a AMPA do Areal.

Tamén elaboramos nas aulas a tarxeta das nosas mulleres favoritas.

ESPAZO LECTURA

A partires de agora podedes acceder a todas as novidades da web Espazo Lectura facendo clic no banner do logo situado no lateral esquerdo da nosa paxina web.

A NOSA ESCOLA: EEI O AREAL

(Se facedes click na imaxe podedes acceder á visualización do vídeo).

 

O principal obxectivo da EEI O Areal é que o alumnado avance no seu desenvolvemento nun entorno seguro, lúdico e motivador.

Traballamos por proxectos que elabora o equipo docente a partir dos intereses amosados polo alumnado.

Tamén celebramos as festas tradicionais e as conmemoracións marcadas pola Consellería de Educación (Día da prensa, Letras galegas...).

As mestras dos tres niveis coordínanse e programan actividades nas que participan as nenas e nenos das tres clases, cada quen ao seu nivel evolutivo.

A mestra de inglés imparte tres sesións semanais e contamos cunha auxiliar de conversa dous días á semana, por participar no programa Plurinfantil da Consellería de Educación.

A mestra de audición e linguaxe imparte un obradoiro de linguaxe oral en cada nivel, co fin de potenciar o desenvolvemento da linguaxe e detectar de forma temperá calquera posible dificultade.

Tamén a orientadora, na xornada e media que está no centro, ten un papel moi importante na atención a aquel alumnado que presenta necesidade de apoio individualizado, de xeito temporal ou permanente.

Comezamos a mañá coa realización da Asamblea no encerado dixital interactivo. Nela traballamos desde a responsabilidade e o saúdo ata a organización das tarefas do día, conceptos temporais, matemáticos, lecto-escritura ou educación emocional. E moi importante este momento concreto para falar e intercambiar vivencias e experiencias.

A continuación, iniciamos o tempo de traballo no proxecto, simultaneamente ou non cos recunchos. Estes empregámolos de xeito libre e por propostas.

Posteriormente adicamos un tempo ao aseo e á merenda, antes de ir ao recreo.

O patio de recreo, de área é amplo e conta con moitos elementos de xogo axeitados á idade dos nenos/as. Seguidamente ao recreo, desenvólvense os obradoiros: inglés, linguaxe, horto, psicomotricidade...

Desde hai anos, participamos no Programa Voz natura, ca posta en marcha do horto ecolóxico/invernadoiro, implicándonos tamén no compós e coidado do entorno.

Desde o curso pasado, levamos á práctica o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, o que permitiu dar máis importancia aínda á biblioteca e ao seu gardián, o Dragón Tontón, mascota da Escola que desde hai moitos anos, deixábanos os seus contos, punto de partida e mediadores de moitas aprendizaxes.

No presente curso, estamos somerxéndonos nas Bibliotecas creativas, coa implantación dun recuncho maker (con tablets, Escornabots).

Gústanos que as familias colaboren coa escola, implicándose nas actividades de ensino/aprendizaxe, e ofertamos unha serie de obradoiros de participación voluntaria.

EDLG

Distribuir contido


by Dr. Radut