Skip to Content

COLE TAPONERO

Dende esta semana somos ¡Cole Taponero! Participamos coa Fundación Seur na recollida de tapóns.

Se queredes participar, só tedes que depositar os vosos tapóns na caixa que hai na entrada do centro.

Moitas gracias.

DÍA DO NENO

O PASADO 20 DE NOVEMBRO CELEBROUSE O DÍA DO NENO, E ASÍ O FIXEMOS NO COLE.

 

PLANTAMOS ÁRBORES

O MES DE NOVEMBRO, COMO VEDES DEU PARA FACER MOITA COUSA. TAMÉN NESTE MES PLANTAMOS DÚAS ÁRBORES QUE NOS REGALOU A MAMÁ DE DANIEL DE 5 ANOS.

PINTAMOS O MURO

A SEMANA SEGUINTE DO MAGOSTO TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA AXUDA DE PAPÁS, MAMÁS E AVÓS PARA PINTAR TODO O MURO QUE RODEA O CENTRO. A IDEA É REMATALO CUN GRAN MURAL.

 

MAGOSTO

POLO SAN MARTIÑO CELEBROUSE NO COLE O NOSO MAGOSTO. ESTIVEMOS MOI BEN ACOMPAÑADOS TANTO POLOS PAPÁS E MAMÁS QUE PUIDERON ACERCARSE COMO POLOS NOSOS COMPAÑEIROS DO COLE DE BAREDO.

 

O NOSO CASTIÑEIRO

APROVEITANDO QUE SE ACHEGABA O MAGOSTO DECIDIMOS FACERLLE UNHA PEQUENA CERCA AO NOSO CASTIÑEIRO.

A QUEN NON LLES GUSTA TODAS ESAS CORES?

 

O mural do OUTONO

AQUÍ TEDES AS IMAXES DE COMO QUEDOU O MURAL DO OUTONO

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ASÍ CELEBRAMOS HOXE O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

CALENDARIO ESCOLAR

NESTE CALENDARIO PODEDES VER OS DÍAS LECTIVOS E NON LECTIVOS DO CURSO 2015/2016

                                                

ESPAZO LECTURA

Somos novos socios protectores de Espazo Lectura!!

Espazo Lectura é unha organización non gobernamental fundada para o fomento e a animación á lectura en lingua galega. Está situada en Gondomar, no Val Miñor, e organiza actividades sen ánimo de lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo de iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referentes de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

Cada mes os iremos mandando as novidades de Espazo Lectura.

Distribuir contido


by Dr. Radut