Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2018 / 2019, dado que o número de solicitudes non supera o de prazas ofertadas, NON SERÁ PRECISO BAREMAR.

                            Resultado de imagen de admisión escolar

PRAZO  DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO.

Pasar polo centro para recoller os impresos  a partires de maio.

Día do Pai

Papiss! Disfrutade moitiisimo do regaliño que con tanta ilusión fixeron os vosos pequenos.

Que pasedes un día xenial!!

Horto

A primavera está a volta da esquina e xa se ven notando nas nosas árbores... mirade, mirade!!

Debido a isto, todo o persoal do Areal (grandes e pequen@s), puxémonos mans á obra para por en marcha o noso horto así que limpamos malas herbas, abonamos, botamos terra nova e xa comezamos a facer semilleiros dalgún cultivo, a ver si hai sorte e sae todo arriba!!

Velaquí unha mostra de todo isto!

Entroido

Hoxe os peques levaron a casa as máscaras do Cigarrón de Verín que tanto traballiño nos deron este Entroido, nunca está demáis coñecer costumes doutros entroidos de Galicia!!.

Pero, non só fixemos esta máscara, senon que fixemos mil cousas máis! dende seguir as instruccións do meco, degustar postres de entroido, ata desfilar por Sabarís e bailar con moito salero!!

Velaquí queda a ligazón para que vexades todas as fotiños. Irémolas subindo ó longo desta semana. (CLICK AQUI)

Non nos podemos esquecer de agradecer a todas as familias a implicación en todas as actividades que propuxemos este entroido!!

Día da Muller

A educación cambiará o mundo,

eduquemos en igualdade!!

Xoguemos cos nosos fillos

 

VENTAXAS DE XOGAR COS FILLOS/AS

Moitas persoas pensan que xogar cos fillos/as é un tempo inútil e sen importancia. Sen embargo, o xogo beneficia moito aos nenos e nenas.

Axuda a crear experiencias e sentimentos positivos entre a familia.

A través do xogo podedes axudar aos nenos e nenas a resolver problemas, a experimentar con ideas novas e desenvolver a súa imaxinación.

Axuda a desenvolver o seu vocabulario e a aprender a comunicar pensamentos, sentimentos e necesidades. Axúdalle a interactuar cos demais, ensínalle a esperar e respectar quendas e a como responder aos sentimentos dos demais.

Cando os pais se involucran no xogo dos seus fillos e fillas, soen mellorarse problemas de conduta.

1. QUE O NENO OU NENA LEVE A INICIATIVA

A primeira norma para xogar co neno/a é seguir a dirección, as ideas e a imaxinación do mesmo. Non intentades impor a vosa forma de xogar, non lle organicedes o xogo dándolle ordes de como xogar. O mellor é que lle presentedes varias opcións e que eles elixan o que prefiran. Non importa si xogan a algo diferente ao que o xogo está destinado.

2. QUE O NENO/A MARQUE O RITMO DO XOGO

Os nenos e nenas tenden a repetir a mesma actividade unha e outra vez. Aínda que este xogo repetitivo pode aburrir aos pais, debedes esperar a que el mesmo decida facer algo diferente por si mesmo.

3. NON COMPITADES CO NENO/A

Aos nenos/as gustalles ter o control do xogo. E o máis importante é fomentar os seus sentimentos de logro e independencia. Se seguides as regras que invente nese momento, isto fará mais probable que el siga as regras que vos logo lle propoñades.

4. NON CORRIXADES NIN CRITEQUEDES AO NENO

Debedes evitar corrixir, criticar ao neno ou indicar como se fan as cousas cando está xogando. O xogo dos nenos non ten que ser perfecto. O mais importante é experimentar e crear, non o produto final.

5. FOMENTADE A CREATIVIDADE E A FANTASÍA

O xogo é unha oportunidade para favorecer a fantasía e a creatividade.

6. UN MOMENTO PARA GABAR AO NENO

O xogo é un momento especial para gabar ao neno. Gabade todo o que fai: os seus esforzos, o que está facendo e o ben que o leva a cabo.

7. USADE COMENTARIOS DESCRITIVOS

Non bombardeedes ao neno con preguntas mentres xoga, mellor apoiade facendo comentarios descritivos do que está facendo.

 8. FOMENTADE QUE RESOLVA SEUS PROBLEMAS

Durante o xogo ao neno se lle presentan problemas e o papel dos pais debe ser fomentar a súa confianza, animalo a intentalo, darlle pistas ou apoio para resolvelo, pero non facelo por el.

9. POÑEDE ATENCIÓN NO XOGO

Os nenos necesitan que se lle presten atención. Ás veces, os seus comportamentos negativos buscan só que se lle preste atención. Cando o neno faga algo inadecuado, deixade de prestarlle atención.

CONCLUSIÓNS

Se todos os días adicades un tempo a xogar con eles, o momento de finalizar non será conflitivo, porque saben que poderán xogar de novo ao día seguinte.

O neno debe recoller os seus xoguetes. Vos lle podedes axudar, animar a facelo e gabalo por elo.

 

 

Botella da Calma

A botella da calma é unha ferramenta que axuda os nenos e nenas  a ser capaces de parar un momento no seu ocupado día. A botella (ou bote de vidro) ten flocos de purpurina que  ó axitar se aceleran (como os nosos pensamentos e emocións cando estamos nerviosos, irritados ou asustados) e que deixando a botella, os flocos comezan a moverse cada vez máis lento para asentar no fondo. Polo tanto, sempre que facemos esta actividade con eles, é importante explicar isto, para que comprendan que, igual que a botella,  nos tamén podemos estar axitados ou tranquilos. Podemos explicarllo deste xeito:

"Unha vez que a nosa botella está axitada podemos preguntar: Que lle pasa? Unha resposta pode ser que o brillo se move moi rápido fóra de control!

 E seguimos preguntando: Nos vos pasa algunha vez que perdedes o control e vos veñen moitos pensamentos a cabeza, respirades moi forte e tendes o impulso de movervos máis rápido, pegar ou berrar?

Cando vos digan que si, podedes preguntar en que situacións lle pasou e se non din nada poden poñerse exemplos para axudarlles a situarse, por exemplo: cando vos enfadades e tendes ganas de tirar cousas, ou berrar moi alto, ou dicir cousas que realmente non sentides a  alguén ... tamén cando estades nerviosos para ir ao médico, unha nova excursión ou moitísimas gañas de facer algo e non vos chega a hora ...  o voso corazón vai máis rápido e a respiración tamén se acelera tan rápido como flocos de purpurina en movemento.

Cando xa explicastes isto, e o entenderon (non vos preocupedes si as primeiras veces os pequenos non se quedan ben coa historia, coa práctica irano comprendendo), dicímoslles que ante estas situacións hai cousas que nos axudan a calmarnos, a facer máis lenta a respiración e o latido do noso corazón. A isto chámaselle autocontrol. O igual que os copos da botella se calman cando a deixamos quieta, ós nosos sentimentos e emocións pásalles o mesmo. Imos probar!

Axitamos a botella e pousámola. Agora miramos como a purpurina se vai relaxando ata que queda toda no fondo. Vistes? Se darnos conta xa estades máis relaxados, igual que a purpurina!

 

 

#RosalíaTE

Día de Rosalía de Castro

24 de Febreiro

Así o rememoramos no Areal!

Contacontos familias

Fai tempo que non falamos dos contacontos das familias. Dende decembro ata hoxe vimos contos como: "Papá Monstruo", "Un culete diferente", "Ningún beso para mi", "Corre corre cabaciña", "Cuentos de Paula", "El libro de mi Papá", "La ternera Clara" ou "A vaca de puxo un ovo".

Este ratiño dos venres é moi especial para tod@s os nen@s asique non o dubidedes e seguide participando igual que ata agora!

 

ARRANCA O ENTROIDO NO AREAL

SE NO ENTROIDO TE QUERES DIVERTIR

AS ORDES DO MECO TES QUE SEGUIR.

 COMEZA A SEMANA, O LUNS PODES VIR

O DISFRAZ QUE QUEIRAS PODES ELEXIR.

 O MARTES CHEGOU, E IMOS SEGUIR

DO TEU BONECO PREFERIDO PODES PRESUMIR.

 O MÉRCORES QUENTIÑOS IMOS VIR

COAS ZAPATILLAS DA CASA IMOS RIR.

 AVANZA A SEMANA, O XOVES ESTÁ AQUÍ,

E UN FERMOSO PIXAMA TES QUE LUCIR.

 E PASIÑO A PASIÑO, O VENRES POR FIN!!

VESTIDOS DE MONSTRUOS DESFILAREMOS POR SABARÍS!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut