Skip to Content

BRAIS CUMPRE 4 ANOS

PARABÉNS BRAIS

MOITAS GRAZAS POR ESAS GALLETAS DELICIOSAS QUE NOS TROUXECHES!!

A NAI DE ADRIANA CASTRO

A NAI DE ADRIANA CASTRO VISITOUNOS O VENRES PASADO PARA CONTARNOS UN CONTO NA BIBLIOTECA DE TONTÓN. ADRIANA, ESTABA SUPER CONTENTA DE QUE A SÚA NAI ESTIVESE CON TODOS NÓS!

 

 

MOITAS GRAZAS MAMÁ POR VIR!!

TODAS AS FOTOS AQUÍ.

 

 

CHEGOU O OUTONO Á CLASE DE 5 ANOS

Os nenos e nenas da aula de 5 anos aportaron moitos elementos relacionados ca estación do outono. Descubriron e aprenderon un montón!

Podedes ver todas as fotos aquí.

 

QUE BEN COCIÑAMOS NO SAMAÍN!

Non podía faltar unha receita típica do Samaín como son as galletas monstruosas, a cal a levaron a cabo nas súas casas 2 alumnos da aula de 5 anos. Tamén poideron degustar dedos con sangue e momias feitas polos seus compañeiros de 3 e 4 anos respectivamente.

Deixámosvos un vídeo da elaboración das galletas terroríficas por parte do alumnado da clase de 5 anos. Podedes velo aquí.

E ademáis, un álbum con todas as fotos das receitas do samaín elaboradas polo resto dos nenos e nenas da Escola. Esperamos que vos guste.

 

DISFRAZÁMONOS!

E para rematar, e con motivo do proxecto “Corre corre, Cabaciña”, os nenos e nenas de 5 anos elaboraron un disfraz de calacús para cantar a canción correspondente xunto cos nenos e nenas de 3 e 4 anos.

Podedes ver aquí todas as fotos da elaboración dos disfraces por parte dos nenos e nenas máis maiores da escola e o resultado final.

CALACÚS 5 ANOS

Na horta de Tontón había moitas cabazas, e os nenos e nenas de 5 anos elixiron unha para convertila nun calacús. Así tamén aproveitaron para investigar sobre as partes dunha cabaza tanto por fora como por dentro. 

Todas as fotos aquí.

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS DECORADAS

A participación dos nenos e nenas de 5 anos na exposición de cabazas foi dun 100% e todas moi orixinais.

No seguinte enlace podedes ver todas as fotos das cabazas dos nenos e nenas de cinco anos.

 

CABAZAS FALADORAS

Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unhas cabazas faladoras, cunha boca moi grande, para representar o final do conto “Corre corre, Cabaciña”.

Mirade todas as fotos aquí.

 

ESQUELETOS BAILARINS

Aproveitando que aos nenos e nenas de 5 anos lles gustou moito a canción dos esqueletos, realizaron uns moi moviditos para decorar a aula.


Aquí podedes ver todas as fotos.

 

UN OUTONO TERRORÍFICO!

Os nenos e nenas de 5 anos plasmaron coas súas mans figuras típicas do Samaín como monstruos, pantasmas, arañas e morcegos.

Así de terrorífico quedou o mural… 


Aquí podedes ver máis fotos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut