Rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión, as demandas non superan as vacantes ofertadas, polo que NON SERÁ PRECISO BAREMAR
Calendario do procedemento de admisión e matrícula
Os prazos previstos na normativa vixente son os que se indican a continuación:
1. Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 de febreiro.
2. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
3. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
Se non se formaliza a matricula, pérdese a vacante adxudicada e pérdese a praza escolar do centro educativo no que estaba matriculado o alumno/a anteriormente.
As familias poden consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:
-A través da aplicación “admisiónalumnado” (htpp: www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
-Utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
Prazo de presentación da solicitude de admisión.
O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive.
Documentación.
1. A SOLICITUDE: será única e terá carácter vinculante.
O impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse da páxina web da consellería.
Irá dirixida á dirección dos centros públicos e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.
Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.
A solicitude debe cubrirse totalmente, sen enmendas ou correcións.
A solicitude terá que estar asinada por calquera dos/titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a firma de ambos os dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles
2. A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Fotocopia do LIBRO DE FAMILIA/DNI (presentar o orixinal para poder compulsar a copia).
3. No caso de separación ou divorcio será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a fotocopia da RESOLUCIÓN XUDICIAL correspondente para a súa comprobación polo centro educativo (presentar o orixinal para poder compulsar a copia).
4. No caso de denegar a comprobación de datos por parte da administración, achegaránse fotocopias dos DNIs do solicitante e dos membros computables da unidade familiar.
Se houbera máis demandas de solicitudes que vacantes ofertadas, haberá que presentar a DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE
BAREMO (10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión):
-Irmáns no centro - Renda da unidade familiar -Familia numerosa
-Traballar no centro - Discapacidade -Familia monoparental
-Proximidade do domicilio familiar ao centro / Proximidade do lugar de traballo ao centro
-Criterio aprobado polo Consello Escolar do Centro: domicilio na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (1 punto).
Normativa reguladora.
Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Postos escolares vacantes .
As vacantes existentes no centro, para o curso 2019/2020 son as seguintes:
4º de Educación Infantil (3 anos): 22, máis 3 reservadas para alumnado con neae.
5º de Educación Infantil (4 anos): 1
6º de Educación Infantil (5 anos): 12
Servizos ofertados.
A EEI O Areal conta con tres aulas do segundo ciclo de Educación Infantil:
4º de E. I. – nenos/as de 3 anos
5º de E. I. – nenos/as de 4 anos
6º de E. I. – nenos/as de 5 anos
O equipo docente está composto por:
- 4 mestras especialistas en Educación Infantil,
- 1 mestra especialista en Lingua Inglesa
- 1 mestra especialista en Audición e Linguaxe
- 1 mestra de relixión católica, ven 3 horas á semana desde o CEIP de Fontes-Bahíña.
- 1 orientadora, ven un día á semana desde o CEP de Sabarís.
O horario escolar é de xornada continuada de mañá: de 9:00 h. a 14:00 h.
A EEI O Areal comparte o transporte escolar co CEP de Sabarís.
A ANPA da escola organiza as actividades extraescolares, durante a tarde.
A zona de influencia da EEI O Areal é a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, en Baiona, ata a curva do manco.
A EEI O Areal está adscrita ao CEP de Sabarís.