Skip to Content

SAÍDA A SERANTELLOS

ONTE TIVEMOS A SAÍDA Á GRANXA-ESCOLA DE SERANTELLOS (CAMBADOS).

OS NENOS E NENAS DO AREAL PUIDERON ESTAR EN CONTACTO COS ANIMAIS DA GRANXA (PORCOS, OVELLAS, VACAS, POLDROS, COELLOS, PATOS...), FACER E DEGUSTAR PAN E RECOLECTAR NA HORTA.

PASÁMOLO ESTUPENDAMENTE EN CONTACTO COA NATUREZA.

 

FOI UNHA SAÍDA PARA RECORDAR...

TODAS AS FOTOS AQUÍ.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2018/2019

O luns 21 de maio publicouse na páxina da Xunta a Convocatoria do fondo solidarario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso.

Os nenos/as do Areal que pasan a primaria teñen a posibilidade de optar a estas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes é do 22 de maio ao 22 de xuño.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No seguinte enlace podedes atopar máis información e o impreso de solicitude.

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

PEGADAS EN GALEGO

Ao longo desta semana recibimos varios correos electrónicos de persoas que recibiron as nosas pegadas en galego. Estamos moi agradecidos de que nos escribiran e nos enviaran fotos con elas.

Un dos correos foi das rapazas da biblioteca de Baiona que recolleron as pegadas cando foron  mercar a prensa do día.

Tamén nos escribiron uns antigos alumnos da escola que nos manifestaron a súa ilusión por conseguir as pegadas grazas a súa avoa, ao mercar o xornal do día.

 

Por último, unha persoa anónima redactou unhas fermosas verbas sobre as pegadas de Celia e de Marcos, que ademais as acompañou cunhas fotos moi orixinais.

 

 

A CASA DA MOSCA CHOSCA

HOXE PASÁMOLO ESTUPENDAMENTE COA ACTUACIÓN TEATRAL “A CASA DA MOSCA CHOSCA” REPRESENTADA POLOS NENOS E NENAS DA CLASE DE CINCO ANOS.

 

PECHAMOS ASÍ, A SEMANA ADICADA ÁS LETRAS GALEGAS.

CHARLA-TALLER SOBRE COMO FOMENTAR A AUTONOMÍA NOS NOSOS FILL@S

DEIXAMOS A INFORMACIÓN PARA QUEN QUEIRA ACUDIR A UNHA CHARLA-TALLER QUE SE LEVARÁ A CABO EN BAIONA SOBRE COMO FOMENTAR A AUTONOMÍA E A RESPONSABILIDADE NOS NOSOS FILLOS E FILLAS.

La ANPA del CEIP Fontes Baíña de Baiona organiza una charla-taller dirigida a las familias con hijos y hijas en educación primaria.

Con el título “Como fomentar la autonomía y la responsabilidad nos nuestros hijos e hijas”, será impartida por Randall Hernández, terapeuta familiar. Esta actividad ofrece a los padres y madres un espacio de reflexión en torno a enseñanza de hábitos de autonomía y abordará la importancia del desarrollo de la autonomía y su relación con las rutinas desde una metodología participativa.

Será el próximo lunes 28 de mayo a las 19:00 horas en la Casa de la Navegación, calle Ventura Misa, 17, en Baiona.

El aforo de la charla-taller es limitado y se irá completando por orden de inscripción, preferiblemente a través del envío de un WhatsApp al 654 838 212, o de un correo electrónico a anpafontes@hotmail.es en el que se indique el nombre y los apellidos de la(s) persona(s) interesada(s) en participar.

LETRAS GALEGAS 2018

AQUÍ ESTÁN AS FAMOSAS PEGADAS EN GALEGO QUE ELABORARON OS NENOS E NENAS DO AREAL. CON ELAS PRETENDEMOS ACHEGAR O GALEGO ÁS FAMILIAS DA NOSA ESCOLA E TAMÉN AO CONTORNO PRÓXIMO.

PARA ISO, DURANTE O DÍA DE MAÑÁ, DÚAS LIBRARÍAS DE BAIONA ENCARGARANSE DE REPARTIR AS NOSAS PEGADAS COMO AGASALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS AOS SEUS CLIENTES.

ESPERAMOS QUE LLES ENCANTEN E QUE NOS ESCRIBAN AO ENDEREZO ELECTRÓNICO DA ESCOLA PARA CONTARNOS QUE LLES PARECEU ESTA INICIATIVA.

ESTAMOS DESEXANDO QUE NOS CHEGEN NOVAS CANTO ANTES!!!

 

PERO.... ISTO NON FOI O ÚNICO QUE FIXEMOS XA QUE REALIZAMOS OUTRAS ACTIVIDADES.

COÑECEMOS A MARÍA VICTORIA MORENO E O SEU LIBRO O CATAVENTOS.

ELABORAMOS UN FERMOSO MURAL...

PASÁMOLO XENIAL A MAÑÁ DE HOXE VENDO E PARTICIPANDO NA REPRESENTACIÓN DE "FÁBULAS" QUE LEVOU A CABO ESTEBAN DA COMPAÑÍA TARABELOS.

ADEMAIS O VENRES REPRESENTARÁN OS NENOS E NENAS DE CINCO ANOS O CONTO "A CASA DA MOSCA CHOSCA" PARA TODOS OS SEUS COMPAÑEIROS/AS. MAÑÁ MOSTRÁMOSVOS AS FOTOS DESTA OBRA.

 

TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES DA SEMANA AQUÍ.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DOS NENOS/AS DE TRES ANOS QUE COMEZAN NO CURSO 2018/2019

O MARTES 29 DE MAIO, ÁS 16:30 H. DA TARDE, CONVÓCASE AOS PAIS/NAIS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ A 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS) NO CURSO 2018/2019 A UNHA REUNIÓN CO EQUIPO DOCENTE.

 

PRÉGASE MÁXIMA ASISTENCIA!

DÍA DA FAMILIA 15 DE MAIO

ESTE É O AGASALLO QUE FIXEMOS PARA AS FAMILIAS.

É O GALO DON PÍO, DO CONTO O CATAVENTOS DE MARÍA VICTORIA MORENO, AUTORA CONMEMORADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

ESTE GALO, TAN SIMPÁTICO, TEN UNHA MENSAXE OCULTA QUE DEBEREDES DESCUBRIR ELIMANDO A PINTURA MÁXICA.

FELIZ DÍA DA FAMILIA!

 

TODAS AS FOTOS AQUÍ.

DÍA DA FAMILIA

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS FIXERON UNS DEBUXOS SOBRE OS MEMBROS MÁIS IMPORTANTES DA SÚA FAMILIA...

MIRADE QUE BONITOS.

 

MURAIS DO HALL

ESTES SON OS MURAIS QUE TEMOS ACTUALMENTE NO PORCHE DA ENTRADA.

O PRIMEIRO, O DA GRANXA (PROXECTO DO TERCEIRO TRIMESTRE).

E O SEGUNDO, O DA PRIMAVERA.

PODEDES VER AQUÍ AS FOTOS DA ELABORACIÓN DOS MESMOS POR PARTE DOS PEQUENOS/AS DA ESCOLA.

Distribuir contido


by Dr. Radut