RECORDÁMOSVOS QUE O VINDEIRO MARTES 12 DE XUÑO, HABERÁ XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA ESCOLA PARA OS NENOS E NENAS MATRICULADOS NO CURSO QUE VÉN (2018/2019).
Estamos moi contentos na escola do Areal! Onte recibimos outro correo electrónico con unha nova fantástica sobre a nosa actividade de fomento do galego. A pegada de Mariano chegou a Wroclaw, unha fermosa cidade de Polonia. A persoa que nos escribiu conseguiu a pegada mercando o xornal Faro de Vigo. Mandounos unha foto con ela e un saúdo grande para todo o alumnado e profesorado da escola.
HOXE A NAI DE BREIXO VEU Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A CONTARNOS O CONTO TITULADO "A NOITE DAS MUDANZAS", ONDE SAÍAN TODOS OS ANIMAIS QUE VIMOS O MARTES NA GRANXA DE SERANTELLOS (PORCOS, OVELLAS, GALOS, GALIÑAS, VACAS...).