Xa podedes descargar a aplicación Abalarmobil tanto se tedes Apple Store como Play Store.
Esta aplicación vainos servir para comunicarnos máis rapidamente con todos vos e tamén para que vós poidades ver todo o relacionado co/a voso/a fillo/a e poidades falar directamente a titora. E moi sinxela de utilizar.
Pasos para a instalación:
1. Buscamos a aplicación en Apple Store (para móbiles IOS) ou en Play Store (para móbiles Android)
2. Dámoslle a instalar e, cando esté instalada, dámoslle a Abrir
3. Ao abrir a aplicación, chegaranos un código aos sms, témolo que por para poder continuar.
4.Escribir o noso número de teléfono. Poñer o número que temos no centro.
Aquí pode pasar que vos apareza unha mensaxe que diga "O usuario non existe", esto é porque ese número de teléfono non o temos rexistrado no centro; tamén os pode decir "usuario duplicado", esto é porque tedes o mesmo número de teléfono os dous pais (SE SUCEDE ALGO DE ESTO ACERCÁDEVOS AO CENTRO)
5. Escribir un contrasinal (o que queirades)
6.Finalizar o rexistro
Tedes a guía completa AQUI