Skip to Content

EXPOSICIÓN REVITALIZA

Queridas familias, dende onte ata o vindeiro xoves, temos na escola unha exposición sobre a compostaxe: beneficios, importancia, forma de facelo... Non dubides en pasarvos polo centro e adicarlle 5 minutos á lectura dos paneis informativos.

VISITA Ó COMPOSTEIRO DE SABARÍS

Esta mañá, os nenos e nenas de O Areal, visitaron o composteiro de Sabaris, grazas ao Plan revitaliza da Deputación de Pontevedra. Ensináronnos o seu funcionamento e lembráronnos os produtos que se poden depositar nel (aínda que na nosa escola xa o facemos).

Lembramos ás familias a importancia do uso do composteiro, para reducir a porcentaxe de lixo.

E aproveitamos para indicar que se pode e non introducir no mesmo:

  • Pódense depositar restos de comida crúa ou cociñada, restos de xardín, pousos de café e restos de infusións, filtros e panos de papel (sen tinta), la en bruto, cortes de cabelo…
  • NON se poden botar ao compostador materiais sintéticos ou químicos nin aqueles que non sexan biodegradables (vidro, metal, plástico), aglomerados de madeira, deterxentes, medicamentos…

Para saber máis, podedes visitar a web: https://www.depo.gal/es/plan-compost-revitaliza/como-podo-compostar

DIA DA MULLER. 8M

MERENDA DE ENTROIDO 2019

TEDES NA GALERÍA DA PÁXINA WEB DO COLE, ALGUNHAS FOTOS DA MERENDOLA DE ENTROIDO QUE CELEBRAMOS HOXE NA ESCOLA.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR NA MERENDA! OS VOSOS FILL@S DESFRUTARON MOITÍSIMO!!

CON ESTE DÍA POLO TANTO, DAMOS POR REMATADO O MECO.

DÍA DE ROSALÍA

ONTE, 24 DE FEBREIRO FOI O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO PORQUE É A DATA DO SEU NACEMENTO. NA ESCOLA NON NOS ESQUECEMOS DESA DATA TAN IMPORTANTE E DURANTE A PASADA SEMANA ESTIVEMOS A FALAR DA COÑECIDA ESCRITORA E ELABORAMOS ESTE FERMOSO MURAL.

NA SÚA CREACIÓN COLABOROU TODO O ALUMNADO DO CENTRO, NEL PÓDESE VER UNHA ESTROFA DO POEMA “PARECE UNHA ROSA”.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA MOITO!

NOVAS MATRICULACIÓNS

Para o novo alumnado que desexe matricularse no centro (EEI O AREAL), os prazos ábrense do 1 ó 20 de marzo.

Podedes descargar a documentación que debedes cumprimentar, na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/4anexos_formateados_ed550b_c.pdf

Ou ben recollela no propio centro.

 

Recordamos que unha vez cuberto o impreso, deberá entregarse no centro, preferiblemente nos horarios de dirección expostos no taboleiro de anuncios (Luns, Martes, Xoves e Venres de 9:00 a 10:00) ou os martes pola tarde de 16:00 a 19:00 horas.

 

Para cubrir o apartado de baremación- renda per capita da unidade familiar, debedes sumar as casiñas 415 e 435 da declaración do IRPF do ano 2017 conxunta ou suma das individuais. Esta cantidade dividirase polo numero de membros da unidade familiar a día 28/02/2019.

 

 

TITORIAL DISFRACE ENTROIDO

Ola familias!

 

Hoxe enviámosvos as instrucións do disfrace de Entroido. Días, actuacións, colaboracións...

Neste apartado deixámosvos un titorial de como elaborar os disfraces de piratas.

É sinxelo. Calquera dúbida que xurda, podedes contactar connosco.

 

BOTAS

 

 

GORROS

 

PROCESO DE ADMISIÓN.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 3 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 3 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán a partires do día 24 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso.

NOTA: O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil se teñen pensado cambiar de centro, deben poñerse en contacto coa dirección. O resto non teñen nada que facer.

A FAMILIA DE LARA DE 4

HOXE A NAI E O PAI DE LARA DE 4 ANOS, VIÑERON Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A LERNOS DOUS CONTOS. O PRIMEIRO TITULÁBASE “PACO”. ESTE CONTO NARRA UNHA HISTORIA SOBRE AS AVENTURAS DUN RATO E UNHA LÚA; E… TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL DA MASCOTA DA SÚA CASA, MANCHITAS.

O SEGUNDO CONTO, FOI “SE EU FOSE UN GATO” UNHA HISTORIA NA QUE LARA TIVO O SEU PELUCHE FAVORITO PARA CONTALA.

MOITAS GRAZAS Á FAMILIA DE LARA POR VIR!!!

A NAI DE SERGIO

HOXE A NAI DE SERGIO VIU Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A LEERNOS “DANIELA PIRATA”, UN CONTO MARABILLOSO.

DANIELA, A PROTAGONIST, TROUXONOS UN COFRE CHEO DE TESOUROS DE CHOCOLATE!! SOMOS UNS AFORTUNADOS/AS.

MOITAS GRAZAS POR VIR A COMPARTIR CONNOSCO A LECTURA!!

Distribuir contido


by Dr. Radut