Skip to Content

A FESTA DA PATACA

O pasado 4 de outubro pasámolo xenial na escola. Celebramos a festa da pataca!!! Como tódolos anos,  apañámolas do noso horto e logo preparámolas para poder degustalas. Foi unha mañá de moito traballo pero pagou a pena. Aquí tedes unha pequena mostra de todo o proceso nas diferentes aulas.

Para ver todas as fotos, podedes acceder como xa sabedes, a aula virtual co contrasinal.

SESIÓN DE FORMACIÓN SOBRE COMPOSTAXE

O vindeiro 5 de novembro ás 16:30 horas, terá lugar na escola, unha sesión de formación sobre a compostaxe.

A sesión será impartida por un especialista no tema que pertence o programa revitiliza da deputación de pontevedra.

Animámosvos a que asistades xa que este ano estamos moi comprometidos co medio porque como xa sabedes, temos o proxecto anual do horto ecolóxico.

Para apuntarvos, haberá una lista no taboleiro da escola.

APÚNTATE Á COMPOSTAXE!

Como xa sabedes na escola temos dous composteiros para producir o noso propio abono. Pedimos a vosa colaboración para que nos axudedes a enchelos. Por iso poñemos unha datas fixas para que nos traiades (se é posible) os restos que producides na vosa casa e que para nós son moi útiles.

  • Os nenos/as de 6º de infantil poderán traelos todos os martes (ás 9:00 horas).
  • Os nenos/as de 5º de infantil poderán traelos todos os xoves (ás 9:00 horas).
  •  e os nenos/as de 4º de infantil poderán traelos todos os mércores (ás 9:00 horas).

É moi importante que respetedes os días de entrega por cursos porque é cando teñen a sesión de horto e poden ir levalos ao composteiro.

Os restos deben vir en bolsas de plástico ben pechadas e teñen que vir picados en anacos. Por exemplo, se botades unha cenoria,  evitar botala enteira (debedes picala en varios anacos).

Moi importante:

As bolsas deben conter só restos de froita e verdura, pousos de café, cáscaras de ovo lavadas e machacadas e/ou anacos de pan.

 

Se queredes saber máis sobre a compostaxe podedes visitar o seguinte enlace:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLI8kT8CUmE5nttollolzU1roWSLRSWPtt

NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO

COMPROMISO "CAMIÑO A CAMIÑO SEN BOLSAS DE PLÁSTICO"

Achegámosvos información sobre o programa municipal de educación medioambiental do Concello de Vigo, onde ofrécense diferentes cursos de formación, charlas, sendas, voluntariado, etc.

Animádevos a participar!

 

Deixámosvos o link con toda a información: http://hoxe.vigo.org/movemonos/mabiente_camino.php?lang=cas#/

OBRADOIRO DE IGUALDADE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL.

A violencia de xénero é a parte visible dunha situación de desigualdade. Que facer antes de chegar a este extremo? Cómo nos pode axudar a literatura para erradicala? Este obradoiro incidirá nos referentes que lle estamos aportando ás nosas crianzas para cambiar os roles e propoñer un cambio de actitudes que nos conduzan cara a sororidade, equidade e o respecto en todos os ámbitos da vida.

 

A actividade levarase a cabo na Biblioteca de Baiona o vindeiro martes oito de outubro, dirixida a mocidade de catro a sete anos.

 

NON FALTES!!!

 

BIBLIOTECA DE TONTÓN

FAMILIAS DE CINCO ANOS, XA ESTÁ A LISTA DISPOÑIBLE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS PARA ANOTARSE OS VENRES A LECTURA DUN CONTO NA BIBLIOTECA DE TONTÓN!

ANIMÁDEMOS A PARTICIPAR, É UN MOMENTO MOI ESPECIAL PARA COMPARTIR COS VOSOS FILLOS/AS.

AVISO IMPORTANTE!

O VINDEIRO XOVES (EN HORARIO DE TARDE) E VENRES (EN HORARIO DE MAÑÁ: 14:00/14:30H) TERÁ LUGAR A VOLTA CICLISTA. SEDE PRECABIDOS Á HORA DE RECOLLER ÓS VOSOS FILLOS/AS XA QUE HABERÁ CORTES DE TRÁFICO POLA ZONA.

 

DEIXÁMOSVOS A INFORMACIÓN REMITIDA POLO CONCELLO SOBRE OS HORARIOS DOS CORTES DE TRÁFICO.

GRAZAS!

RESUMO NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO

RECORDATORIO

O mércores día 11 comeza a escola polo que deberedes traer os documentos asinados (Normas de Convivencia; Autorización do uso de imaxes, etc.)

As familias que fagan uso do TRANSPORTE ESCOLAR e do COMEDOR o primeiro día de curso, serán as encargadas de avisar á empresa e de levar a documentación.

Por último deixámosvos as novidades de materiais deste curso:

BENVIDOS A TODOS E TODAS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut