Skip to Content

CONTACONTOS TONTÓN

Deixámosvos na aula virtual da escola, as fotos das familias que participastes durante o primeiro trimestre nas lecturas dos venres na biblioteca de Tontón.

Animámosvos ás familias de todos os cursos, a que participades e vos anotedes para lerlles un conto. É un momento moi feliz para os vosos fillos/as.

ADORNO ÁRBORE DE SABARIS

Onte fomos a plaza de Sabaris a colgar un adorno para a árbore de Nadal que fixemos con materiais de reciclaxe.

Ademais desfrutamos dunha actuación da man da escola de música de Sabaris e nos convidaron a unha chocolatada.

Máis fotos na aula virtual.

ESTRELAS DE NADAL

Este foi o resultado das estrelas de nadal decoradas polas familias para a árbore do cole. Moitas grazas por participar. Máis fotos na galería da aula virtual da escola.

APLAZAMENTO DO CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR - 19 DE XANEIRO DE 2020

INFORMACIÓN DO CONCELLO DE BAIONA:

 

"Ante las malas condiciones meteorológicas previstas para el próximo domingo 15 de diciembre nos vemos en la obligación de cambiar la fecha prevista del XXI Cross escolar del Val miñor para el próximo domingo 19 de enero por lo que a través del presente comunicado queremos informar a todos los interesados.

 

Se mantienen las mismas condiciones horarias y fechas previstas con el único cambio de la fecha de  desarrollo del mismo.

 

Plazo de inscripción se amplía hasta el 15 de enero de 2020".

ECOCOL

Onte tivemos unha sesión de formación sobre compostaxe a través de diferentes xogos. Os nenos/as aprenderon e repasaron aspectos relacionados co compost (cómo se fai, qué podemos votar no composteiro...).


Asimesmo, tivemos a sorte de que nos agasallaron cunha pequena planta a cada un de nós. Máis fotos na aula virtual.

 

U-LA LÚA?

 

O último día antes da ponte, podemos desfrutar na escola dunha proposta escénica da man de A Xanela do Maxín que titulábase: “U-la Lúa?”, na que se trataba como temática fundamental a igualdade

 

Grazas por vir, os nenos e nenas desfrutaron moito da vosa posta en escea. Máis fotos na aula virtual.

20 DE NOVEMBRO

Onte conmemoramos na escola o día da Infancia. Entre todos/as elaboramos os dereitos dos nen@s e falamos da importancia de telos e respetalos.

ACTIVIDADES DO CONCELLO

Este venres 22 de novembro, ás 18:00 horas tedes unha actividade no concello de Baiona da man de Ana Carreira, que leva o título "Eu non quero".

E o sábado 23 deste mesmo mes, ásl 16:00 horas Os Bolechas visitan Baiona.

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN NADAL 2019

Pola presente infórmase que hoxe xoves 14 de novembro de 2019 ábrese o prazo para o Programa de conciliación Nadal 2019. Podédesvos anotar ate o 25 deste mes.

As bases poden recollerse no rexistro do Concello de Baiona ou na paxina web do Concello.

A actividade terá lugar no CPI Cova Terreña nas seguintes datas:

23 – 24 – 26 – 27 – 30 – 31 de decembro 2019

2 – 3 – 7 de xaneiro 2020

O horario é de 9:00 a 14:00 horas. (Por necesidade das persoas proxenitoras, poderán acceder ó programa de 8:00 a 9:00 horas e saír de 14:00 a 15:00 horas, sempre que quede sinalado na solicitude).

O prezo público a pagar polos usuarios/as é de 25 euros.

MAGOSTO NO AREAL

Hoxe celebramos o Magosto na escola. Primeiro merendamos e degustamos as castañas e despois fixemos unha xincana de xogos populares relacionados coa temática.

Pasámolo estupendamente! Coma sempre, podedes ver máis fotos na aula virtual do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut