Skip to Content

SEMANA DE ENTROIDO

Queridas familias, lembrade que este ano estamos a traballar o proxecto relacionado co coidado do medio, polo que vos pedimos, que todos os disfraces deben estar elaborados con elementos que teñades pola casa. Reutilizar e Reciclar.

Aquí vos deixamos as normas do Meco que terán que seguir a vindeira semana.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado día 30 de Xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Non violencia e da Paz, coa visita das avoas do centro de día de Baiona.

Todas as fotografías da celebración, podedes velas na aula virtual do centro.

BENVIDOS Á NOSA BIBLIO!

Como sabedes, levamos tempo traballando na creación dunha biblioteca moderna e aberta a todos os membros da comunidade educativa. Este proceso leva tempo e aínda non está rematado, pero pensamos que xa temos o suficiente para que poidades desfrutar dela.

A partir deste momento as familias poderedes vir cos nenos polas tardes para beneficiarvos do préstamo, aínda que seguimos en proceso de transformación. 

O horario de atención será o seguinte:

Martes: 15:30-16:30

Mércores: 16:15-17:30

Hoxe mandarémosvos os carnés que necesitaredes para poder levar libros para a casa.

Agardamos que este sexa un espazo vivo e dinámico ao servizo da comunidade, e para iso é necesaria a colaboración de todos coa participación nas actividades propostas e co coidado dos libros e demais materiais da biblioteca.

Estade atentos ao blogue da Biblio ao que podedes acceder a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/centros/eeioareal/blogdabiblioteca ou clicando na imaxe do lateral esquerdo. Iremos publicando todas as novidades relacionadas coa biblioteca así como información interesante.

CASIÑA PINTADA

Grazas á nai de Noel de 4 anos e ó pai de Paula de 5 anos, por vir á escola esta mañá a colaborar coa pintura da nova casiña dos materiais de psicomotricidade.

INSTAGRAM DA ESCOLA

Familias, como sabedes, contamos cunha nova ferramenta para dar a coñecer o traballo da escola. Trátase dun Instagram.

Deixámosvos o link https://www.instagram.com/eeioareal/

 

"A SEGURIDADE NAS REDES"

Dende o CPI Cova Terreña infórmanos que o vindeiro xoves 16 terán formación para as familias no salón de actos do centro, ás 17h, a cargo de D.José Eugenio Torres Meiras, responsable do equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil e experto en cibercrime, coa charla "A seguridade nas Redes".
Haberá servizo de gardería gratuíto a cargo da ANPA no comedor escolar.

Proximamente na nosa escola, contaremos coa mesma formación para os que non poidades asistir.

ELFAS DE PAPÁ NOEL

Benvidos a todos e todas despois das vacacións de Nadal! Esperamos que veñades coas pilas cargadas para dar comezo de novo ó curso.

Deixámosvos na galería virtual da escola as fotos da sorpresa do último día. As Elfas de Papá Noel visitáronnos!

POSTAL DE NADAL

Como sabedes, nestas datas son moi comúns as postais de Nadal. Dende o centro creemos na igualdade, no respecto e na reciprocidade polo que, cada nen@ elaborou unha que intercambiou con outr@ para ter un agasallo cos compañeir@s!!

 

Máis fotos na galería virtual.

ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Hoxe celebramos os aniversarios do primeiro trimestre elaborando unhas deliciosas pizzas caseiras. Todo feito polos estupendos Chefs que temos na escola.

Queremos agradecer a Panadería Isolina (Rotonda de Sabarís) a colaboración altruísta que ten sempre coa escola. ¡Grazas por participar coas actividades culinarias do centro!

 

Podedes ver todas as fotos do proceso na aula virtual do centro, así como os aniversarios de cada unha das clases.

 

¡FELICES ANIVERSARIOS!

CAIXA DE CORREOS E ALMORZO NADAL

Hoxe tocaba saída ao Concello, Correos e almorzo no Liceo de Baiona, como non foi posible por mor tempo trasladamos as actividades á escola.

O Liceo tróuxonos un “súper almorzo” con leite, cacao, galletas, zumes, queixo, xamón... que axudounos a coller forzas para entregar a carta dos Reis Magos na caixa de Correos.

 

Grazas a Carlos (director de Correos) e Fran (carteiro da zona, encargado de levarlle as prezadas cartas as súas maxestades de Oriente), por acercarse a escola, ensinarnos como se envían as cartas e darnos un pequeno agasallo.

 

Podedes ver máis fotos na aula virtual da web.

Distribuir contido


by Dr. Radut