Pola presente infórmase que hoxe xoves 14 de novembro de 2019 ábrese o prazo para o Programa de conciliación Nadal 2019. Podédesvos anotar ate o 25 deste mes.
As bases poden recollerse no rexistro do Concello de Baiona ou na paxina web do Concello.
A actividade terá lugar no CPI Cova Terreña nas seguintes datas:
23 – 24 – 26 – 27 – 30 – 31 de decembro 2019
2 – 3 – 7 de xaneiro 2020
O horario é de 9:00 a 14:00 horas. (Por necesidade das persoas proxenitoras, poderán acceder ó programa de 8:00 a 9:00 horas e saír de 14:00 a 15:00 horas, sempre que quede sinalado na solicitude).
O prezo público a pagar polos usuarios/as é de 25 euros.