Skip to Content

BENVIDOS Ó CURSO 23-24

Tic, tac, tic, tac...

O novo curso está por comezar!! :)

Lembrámosvos que o vindeiro día 11 teredes que madrugar. Esperámosvos ás 9:00 (agás aos novos compis do período de adaptación que seguiredes os horarios marcados). Vinde con moitas ganas e enerxía!!

Un saúdo!!

Fin de curso e despedidas

Deixámosvos por aquí un mini resumo da nosa despedida do curso 22/23.

Botaremos moito de menos aos "maiores" do cole, que nos marchan a primaria e inician unha nova etapa.

Esperamos que sexades moi felices no voso novo cole

Bo verán!

Álbum: Sen categoría -> Graduación

Formalización matrícula curso 2023 - 2024

O prazo para formalizar matrícula para o curso 2023 - 2024 do alumnado que inicia escolarización en 4º de Educación Infantil abrangue do 20 ao 30 de xuño.

Documentación:

- Impreso oficial (Anexo III -1) que se pode recoller no centro.

- Certificado médico.

- Fotocopia tarxeta sanitaria.

- Fotocopia DNI de ambos proxenitores.

- Impreso lingua materna e de relixión (recóllense no centro).

- 1 foto carné.

- Impreso de autorización de imaxe e saídas (recóllese no centro).

- Outra documentación, de ser o caso: sentenza, convenio regulador...

- Informe NEAE, de ser o caso.

 

Horario do centro de 9:00 a 14:00

Cole de maiores

Ante os nervios dunha nova etapa que está por comezar, primaria, onte por fin puidemos visitar o que será o noso novo cole en setembro.

Non podemos máis que sentirnos orgullosas dos nosos pequenos e pequenas que rematan etapa con nós.

Botarémolos moito de menos e sempre terán un oquiño no noso corazón.

Moitas grazas ao Ramón Artaza por darnos a oportunidade de disfrutar desta xornada.

 

Álbum: Saídas -> Cole de maiores

Vila de Muros

Ola familias!

Como ben sabedes, fai pouco que fomos de visita guiada pola nosa vila. No día de hoxe tivemos o privilexio de visitar o hotel Miraflores de man da familia de Pablo e o Otantus hotel grazas á familia de Domi. Queremos agradecervos que nos acollerades e nos fixerades a xornada de hoxe tan amena. Por aquí vos deixamos unhas fotos para que curioseedes, pero xa vos anticipamos que cousas como o jacuzzi ou as tumbonas no xardín deixáronnos enamorados.

 

Álbum: Saídas -> Muros II
Distribuir contido


by Dr. Radut