Skip to Content

Proxecto: Leonardo e a arte. Técnica estarcido

Seguimos a experimentar coa arte e as técnicas. Nesta ocasión empregamos cepillos de dentes vellos para facer a técnica do estarcido. Como ainda e un pouco difícil fixemos como puidemos e arrratramos os cepillos observando a textura que crea.

 

Proxecto Voz Natura: 21 de Marzo. “DIA DA ÁRBORE “

Celebramos o día da ÁRBORE o longo da semana, aproveitamos o dia que fixo sol para sair a debuxar cadros das  árbores do noso  xardín e observar a chegada da primaveira.

 

 

 

 

 

Aprendimos e levamos a casa un poema de Antonio García Teijeiro escrito polos Elefantes

 

 

Día do Monicreque

Despois de celebrar o Dia Internacional do Monicreque, coas avoas do
Centro de Día D´LBA de Valadares. 
 
Cada aula tivo a oportunidade de xogar coa instalación que preparamos.
Así de ven o fixeron Os Elefantes.
 
Silencio ... que comeza  a obra de teatro. 
 
 

Poema A Primavera

Os Koalas recitaron o poema de Antonio García Teijeiro para festexar o Día da Poesía ( 21 de marzo).
 

Masaxe de mans

Iniciamos un novo mes en ioga con esta proposta:
 
UNHA MASAXE DE MANS.
 
En ioga traballamos centrando toda a nosa enerxía en determinadas partes do corpo (pes, mans, cadeira, nocellos...), permitindo que a enerxía circule.
Unha masaxe relaxante consegue un efecto de calma e  tempo de actividade individual e concentración, ademais de aumentar a forza muscular.
 

Semana do teatro

 CELEBRAMOS A SEMANA DO TEATRO NA NOSA ESCOLA

XUNTÁMONOS NA AULA DE PICOMOTRICIDADE PARA

VER UN VÍDEO SOBRE OS TÍTERES.

EN TRES GRUPOS FIXEMOS  MONICREQUES,

COA AXUDA DAS AVOAS DO CENTRO DE  DÍA

DE VALLADARES.

GRAZAS AS FAMILIAS DO NOSO EQUIPO DE TEATRO

POR AXUDARNOS NESTA PROPOSTA

 

 
 
 
 
 
 

Semana da froita

ESTA SEMANA ADICÁMOLA A FROITA, COMEMOS:

- AMORODOS

- PLÁTANOS

- KIWI

- PIÑA

- MAZÁ

DESCUBRIMOS A SÚA IMPORTANCIA NA DIETA E ALGUNHAS DAS SÚAS PROPIEDADES

Distribuir contido


by Dr. Radut