Skip to Content

Actividade 5 para a revista

Hola Botóns:

Como xa os comentei onte quédanos por facer a páxina sobre a historia da vida de Ricardo Carvalho Calero, homnaxeado do Día das Letras Galegas.

Para facela actividade deberíades mirar as páxinas d econsulta sobre a súa vida ou ter feito algunha das actividades en papel ou en dixital que puxemos na entrada do Día das Letras Galegas,Tedes información na páxina de Seminario Galán.

Imos facer a actividade da seguinte maneira:

1.   deberedes facer un debuxo escollendo algunha destas opcións: Cara de Ricardo Carvalho, Universidade de Compostela, portada dalgunha das revistas nas que traballou, Debuxo da súa escola , Corpo enteiro de Ricardo Carbalho, , o seu nome con letras gordas e pintado de cores,

 

2. responder a algunha destas preguntas: Sempre en cor negra, a resposta será o que eu poña na revista

 

  --  Cal é o nome completo ?

   --  Onde naceu Ricardo?

  -- cantos irmás tivo?

 -- Como lle ensinou a súa nai a leer?

 -- Quen dirixiu a escola na que estudaba?

  -- Nomea tres revistas nas que traballou Ricardo?

  --  escribe e completa este texto: Foi o 1º catedrático de ................. na universidade de ...................

  -- Defendeu que a lingua galega é:  ....................

 --  En que grupo entrou Ricardo a formar parte cando chegou a Santiago?

 -- escribe e completa: En 1963 participou na Guerra  ................, do lado dos  ..................... foi condenado a  ..................... de cárcere.

 -- Escribe  e completa:  en 1966, a Editorial .................. publicou a primeira edición da ............................

 Recordade que a resposta  podedes atopalas nas páxinas de información de Seminario Galán, no apartado de Bibliografía, Cuestionario...

Calquera dúbida chamade

Ánimo co traballo de investigación.

Unha aperta moi forte

 

 



page | by Dr. Radut