Eventos
Hoxe desfrutamos dunha sesión de teatro!
A obra é "PINGÜIN" a cargo de
Periferia Teatro
Premio ao mellor espectáculo no World Art Festival of Puppets de Praga no 2004 e Premio á mellor proposta dramática en La Fira de Titelles de Lleida no ano 2000. Esta obra aborda o tema da difícil situación á que se enfronta un neno cando ten que compartir o agarimo e a atención da súa familia cun novo irmán que chega. O noso “príncipe destronado” deberá superar esta proba dándose conta de que gañou unha amizade para toda a vida.
HOXE CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL.
PARABÉNS!!
Hoxe desfrutamos do grupo Migallas na Sala Ártika.
En Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan, entre outros, son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer e aprendizaxe fronte ao exceso de TV e de videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar etc.
Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: “Dime que fixeches”, “O esqueleto”, “O libro máxico” e “Ai, Patín!”. A música está gravada (toca unha banda de pulgas), mais as voces solistas son en vivo.
ACTIVIDADE EN CONVIVENCIA CO CEP IGREXA-VALADARES