blog da biblioteca

Celebrando Os Maios no Centro Cultural de Valadares

         OS MAIOS NO CENTRO CULTURAL DE VALADARES

 

                           

Tercer día: Aprendemos mais sobre Florencio

 Continuamos coas preguntas do noso rosco, se conseguimos resolvelas todas teremos unha sorpresa no final da semana.

 

                      

       

 

Tamén completamos as follas da nosa revista. Hoxe toca escoitar sons de animais e identificalos. Noutra imaxe temos que riscar os animaliños que non forman parte dun bosque galego.

 

       

 

E mañá teremos unha nova aventura.

 

 

Segundo día . Letras Galegas 2022

         

 

Hoxe imos investigar os seus estudos e a súa vida en méxico.

   

E despois fixemos o experimento do ARCO DA VELLA

 

 

Cousas das nosas mochilas viaxeiras

                

 

Durante todo o curso  os nenos estiveron levando para casa as mochilas viaxeiras.

Podedes ver algún dos comentarios que fixeron no libro da súa aula.

 

 

 

   

  

 

                                           

 

Día das Letras Galegas 2022

                        LETRAS GALEGAS 2022.

         FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

 

                                           

 

Durante esta semana imos aprender xogando moitas cousas sobre o autor homenaxeado das Letras Galegas

 

            

 

    

 

Os Maios, imos o centro cultural cos avós

O venres, 6 de maio celebramos na nosa escola a festa dos Maios.

As familias axudáronnos a levalo pola rúa.

Paseamos o nos Maio polas rúas cantando ata chegar ao Centro Cultural.

 

Todos xuntos cantamos a nosa copla dos Maios.

Os avós do Centro de Día tamén viñeron ao Centro Cultural. Que ben o pasamos.

Que bonitos quedaron o noso Maio e o do Centro de Día de Valadares.

Os koalas emocionados por celebrar os maios cos seus compañeiros

Celebramos os Maios con avós

Para celebrar que Maio é o mes das flores , incitamos asa voas do centro de Día D´Alba de Valadares a que viñeran a nosa escola.
Recitamos a nosa copla dos maios e debuxamos flores.
Así de divertida foi a nosa mañá.
 
 
Distribuir contido