Skip to Content

NON QUEREMOS QUE NOS PECHEN!

NON AO PECHE DAS ESCOLAS UNITARIAS! Remata o curso, e coma tódolos anos, as emocións e os nervios percorren o noso corpo dende a punta dos pes ata a cabeza facéndonos tremelicar e enchendo a carúncula de bágoas que non poden saír, ao menos mentres teñamos espectadores. Este ano, máis ca nunca, as nosas emocións se acentúan e se escurecen pola incerteza e o medo. A nosa escoliña pecha, si, coma tantas outras estes derradeiros anos, pero non por iso nos sentimos máis reconfortados. Non entendemos como é posible... unha escola pequena, situada no rural pero a menos de 5 minutos de centro de Santiago, unha escola cun gran patio verde (deses que poucos coles poden presumir de ter), cunha atención que poucos nenos e nenas reciben dende as escolas, e non porque o profesorado non o intente, senón porque como puidemos ver nestes últimos anos, a baixa ratio é esencial... Unha escola na que todos nos coñecemos de verdade, nenos e nenas, mestras e mestres, pais, nais, avós, avoas, veciños e veciñas, persoal de servizos,... Toda unha comunidade educativa que se chama polo alcume e que día a día inflúe nas relacións sociais que establece o noso alumnado, sentíndose parte dunha comunidade, aprendendo a ser seres sociais, respectando, axudando, integrándose e axudando aos demais a integrarse, unha verdadeira escola inclusiva para todos e todas. A nosa escoliña pecha, si, porque segundo nos din para o curso que ven fáltanos un neno ou nena, sí, 1 só! que quixera vir a medrar (en tódolos sensos) connosco, tal vez por problemas de conciliación, tal vez por descoñecemento, ou por preguiza...Se sodes de Santiago ou arredores, se vindes traballar aquí, se buscades un bo cole no que medrar... tal vez podades axudarnos e vir a medrar á nosa escola, connosco, e de seguro nos axudaremos, e podedes estar seguros de que non vos arrepentiredes.ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL O GAIOSO, O Eixo,Santiago de Compostela.



book | by Dr. Radut