PROCESO DE ADMISIÓN
COMO REALIZAR O TRÁMITE DE ADMISIÓN E MATRICULA?
Este trámite pódese realizar de varias maneiras:
1. DE MANEIRA PRESENCIAL:
AQUÍ atoparedes a solicitude de admisión que podedes imprimir ou cubrir no propio enlace antes de imprimir, e despois podedes entregar na EEI Fernández Varela dende o 1 ao 20 de marzo, de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30 horas ou o luns de 16:30 a 18:45 horas.
Esta solicitude deberá ser presentada coa restante documentación:
- Libro de familia
- Fotocopia do DNI do neno/a
- Fotocopia do DNI das persoas proxenitoras
- Fotocopia cartilla seguridad social do neno/a
- Foto de carné no menor
- Sentenza de separación (no caso de precisala)
- Acreditación de necesidades especiais (se é o caso)
- ...
2. DE XEITO ELECTRÓNICO:
AQUÍ poderes realizar o trámite.
3. NO PROPIO CENTRO:
No caso de non ser capaces de realizar a admisión en ningunha das formas anteriormente descritas podedes vir polo EEI FERNÁNDEZ VARELA e alí vos proporcionaremos toda a información necesaria así coma os impresos de solicitude de admisión para cubrir.
Para isto podedes vir en horario de mañán de 9:30 a 14:30 horas ou en horario de tarde o luns de 16:30 a 18:45 horas.
PUBLICACIÓN DE DOCUMENTOS REFERIDOS Á ADMISIÓN DE MATRICULA:
- Listaxe de admitidos e excluídos provisionais: próxima publicación (antes do 25 de abril de 2024)
- Listaxe de admitidos e excluídos definitivos: proxima publicación (antes do 15 de maio de 2024)
- Formalización de matrícula: prazo do 20 ao 30 de xuño.
NORMATIVA QUE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:
Decreto 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros que imparten las enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato.
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.