Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Celebracións

FESTEXAMOS OS MAIOS!!

PARA FESTEXAR A FESTA DOS MAIOS, E DENTRO DO PROXECTO DE FOMENTO DO GALEGO QUE TEMOS ESTE ANO, TITULADO "EXPLORAMOS AS NOSAS CANCIÓNS" FIXEMOS UN MURAL SOBRE A CANCIÓN "MAIO LONGO" DE UXÍA, QUE PODEDES ATOPAR NO LIBRO "ROSALÍA PEQUENIÑA". QUE BEN O PASAMOS DECORANDO CON PÉTALOS DE ROSAS!!!!

DIA DO LIBRO: LIBRO DE CANCIÓNS

 
DADO QUE O NOSOS PROXECTO DE FOMENTO DO GALEGO DE ESTE ANO SE TITULA "EXPLORANDO AS NOSAS CANCIÓNS", CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO FIXEMOS UN LIBRO DE CANCIÓNS INFANTÍS RECOPILADAS POLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA! PODEDES ATOPALO EN BIBLIODUNAS Á VOSA DISPOSICIÓN!

O VENRES DA SEMANA DO LIBRO

O VENRES ACOMPAÑÁRONNOS AS FAMILIAS DE PABLO E DE SARA. O PAPÁ DE PABLO CONTOUNOS UN CONTO DE MEDOOO!! E PEPI E MÁIS SARA CONTÁRONNOS O CONTO "CHIVOS CHIVÓNS".

MIL GRAZAS FAMILIAS!!

O XOVES NA SEMANA DO LIBRO

PARA O XOVES ESTABA PREVISTO O APADRIÑAMENTO LECTOR CO ALUMNADO DO CPI ARQUITECTO PALACIOS. COMO O DÍA ESTIVO TAN CHUVIOSO TIVEMOS QUE APLAZAR ESTA ACTIVIDADE. NON QUIXEMOS DESAPROVEITAR A OCASIÓN DE SEGUIR CONVIDANDO ÁS FAMILIAS Á ESCOLA, ASÍ QUE AVISAMOS A AQUELAS QUE QUEDARON FÓRA DA ACTIVIDADE PORQUE POR SORTE HOUBO MOITA DEMANDA!!

NESTA OCASIÓN ESTIVO CONNOSCO MARILÚ, A MAMÁ DE ROQUE, CONTANDO O CONTO "IMOS CAZAR UN OSO" E GEMA, A MAMÁ DE ANTÓN, CO CONTO "NICOLASA, ¿Y TU CASA?".

AGRADECEMOS DE NOVO A VOSA PARTICIPACIÓN!!!

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe pola mañá recibimos na escola a visita de Carla Muñoz. Pasámolo en grande participando nunha sesión de contacontos para celebrar o Día Internacional do Libro.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O pasado 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o alumnado da escola participou nun recital na biblioteca do centro. Ademais, as nenas e os nenos fixeron unha posta en común do traballado nas aulas sobre distintos poetas.

SESIÓN POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

O pasado martes tivemos a oportunidade de desfrutar dunha sesión deportiva moi especial grazas á nai de Lois. Ademais, contou moreas de cousas interesantes sobre a súa traxectoria, os seus estudos e o seu traballo diario.

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

O 24 DE FEBREIRO FOI O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO E CELEBRÁMOLO NA ESCOLA CON MOITAS ACTIVIDADES: ASISTIMOS AO CONCERTO DE UXÍA SENLLE NO CPI ARQUITECTO PALACIOS (PODEDES VER O VÍDEO MÁIS ABAIXO), FIXEMOS UN REPASO SOBRE A SÚA BIOGRAFÍA, DESFRUTAMOS CON ALGÚN DOS SEUS POEMAS E APRENDEMOS E BAILAMOS A CANTIGA "ROSALÍA" DE OVIRAVAI, QUE TEN MOITA MARCHA!!! AHH E TAMÉN FIXEMOS UNHA MÁSCARA CO SEU ROSTRO.

 

 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 
 
 
O pasado luns, 11 de febreiro, celebramos na escola o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para contribuír a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM.
Traballamos o libro Pequeña y Grande Marie Curie e realizamos diversos experimentos cos que aprendimos moito.
Distribuir contido


by Dr. Radut