Responder ó comentario
- CONSELLOS DUN EXPERTO PARA ESTE TEMPO DE CORENTENA -
Álvaro Bilbao ofrécenos este video, para que llo ensinedes aos vosos fillos menores de 6. Como ben nos indica: axudaralles a ter menos perrenchas relacionadas con saír á rúa. É normal que os nenos entre 2 e 6 anos teñan perrenchas. Nestas situacións axúdalles ter indicacións claras.
1. Ensinádelles o vídeo cando estean tranquilos para que o poidan procesar ben.
2. Podédesllo volver ensinar se volven repetir iso de que queren saír á rúa.
3. Sede comprensivos pero firmes. Podedes dicirlles frases como "Claro! Tes moitas ganas de saír á rúa, verdade? Enténdoche, pero non podemos saír.
4. Non deades moitas explicacións. A mellor forma que se pase a perrencha é dicilo un par de veces de forma breve e acougada e non insistir todo o intre co mesmo.
5. Relaxar outras normas da casa.
6. Dádelles mooiiito afecto.
Digo o mesmo que Alvaro Bilbao, espero que este vídeo axúdevos o máximo posible.
Ánimo e pensade que xa queda menos para que a corentena termine.