O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2024/ 2025 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para presentar a solicitude podedes seguir unha das opcións descritas a continuación.
- Preferiblemente por vía telemática, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación AdmisionAlumnado, no menú Solicitudes → Admisión → Crear . Podedes cubrir a solicitude e asinar telemáticamente na Sede Electrónica (só con certificado dixital ou CHAVE365) ou cubrir telemáticamente e presentala na nosa escola, no caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".
- Presentar a solucitude presencialmente na EEI Do Con (modelo ED550B). No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".
Adxúntase un manual con instrucións.
Documentación necesaria:
- Anexo ED550B cuberto e asinado por ambos proxenitores.
- Copia do Libro de Familia/ certificado de nacemento.
- Copia DNI do neno/a (se non ten é suficiente con entregar o libro de familia).
Prazos:
Do 1 ao 20 de marzo |
Solicitude ordinaria de admisión
Anexo ED550B
|
Do 21 de marzo ao 5 de abril |
Presentación documentación baremo
(no caso de haber máis solicitudes que prazas)
|
25 de abril |
Publicación da listaxe provisional de admitidos/ as.
Reclamación: 3 días hábiles dede a publicación das listaxes
|
15 de maio |
Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos.
Reclamación:1 mes dende a publicación das listaxes.
|
Do 20 ao 30 de xuño |
Formalización da matrícula
|
Vacantes ofertadas para o curso 2024/2025
Normativa vixente:
- LOE/LOMLOE; Capítulo III
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-25
Calquera dúbida ou consulta podedes chamar ao 886 110 263 ou escribirnos no enderezo electrónico eei.docon@edu.xunta.gal