Xúntase o modelo de Autodeclaración para a solicitude de comedor do vindeiro curso académico (2023/2024) e unhas breves instruccións para poder cumprimentalo de forma correcta. Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería para realizar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar. Ligazón de acceso á calculadora: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp. Tamén tedes á vosa disposición a documentación no centro.
Podedes entregalo ata o venres 21 de xullo.
Calqueira dúbida ou aclaración que precisedes podedes contactar connosco a través do correo electrónico eei.docon@edu.xunta.gal ou no teléfono do centro 886 110 263.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN.pdf | 1016.68 KB |
ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN.odt | 485.06 KB |
INSTRUCCIÓNS.pdf | 672.25 KB |