O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2022/ 2023 será do 1 ao 21 de marzo.
A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica (enlace) da Xunta de Galicia. Adxúntase un manual con instrucións.
Documentación necesaria:
- Anexo II cuberto e asinado por ambos proxenitores.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Fotocopia DNI do neno/a (se non ten é suficiente con entregar o libro de familia).
Prazos:
- Antes do 25 de abril o centro publicará no taboleiro a lista provisional de admitidos e non admitidos.
- Entre o 20 e o 30 de xuño as familias formalizarán as matrículas no centro educativo.
Nesta nova edición do Caranvexornal os nosos reporteiros infórmanvos como conmemoramos o "Día Internacional da Educación" e o "Día escolar da non Violencia e da Paz" na nosa escola.
Temos aos mellores reporteiros do mundo!
Esperamos que vos guste.
Chega o Entroido á nosa escola!
A continuación atoparedes os mandados do Meco que comezarán a semana que vén. Lembrade que son acumulativos.
Moitas grazas pola vosa colaboración familias.
Ola familias, informámosvos que o vindeiro día 15 de febreiro comezamos as Xornadas de portas abertas para que poidades coñecer a nosa escola. Poñemos a vosa disposición unha presentación coas características metodolóxicas e organizativas máis salientables do noso Proxecto.
Debido á actual situación sanitaria faranse grupos reducidos para poder garantir as distancias e as medidas COVID de forma segura. Se queredes coñecernos podedes chamarnos ao teléfono 886 110 263. Agardámosvos!
Queridas familias, informámosvos que a partir de hoxe día 1 de febreiro e ata o vindeiro luns 21 a nosa escola súmase á campaña "21 días en galego". Trátase dunha iniciativa do Concello de Moaña para promover un cambio de hábitos no alumnado a prol da nosa lingua e no que participamos todos os centros educativos da vila.
Vantaxes desta campaña
Moitísimas grazas pola vosa colaboración.
Informamos de que nestas datas se inicia o proceso para a RENOVACIÓN TOTAL dos membros do Consello Escolar.
Este curso toca renovar:
- 2 representante de nais/pais.
- 2 representante das mestras.
Datas de interese para as familias
Xoves 4 de novembro, constitución da Xunta Electoral como resultado do sorteo celebrado 29 de outubro. Nomeouse un titular e un suplente en cada sector (nais/pais, mestras e PAS). Dende ese día está exposto no taboleiro do centro xunto co censo electoral das familias.
Do martes 9 ao martes 16 de novembro estará aberto o prazo para a admisión de candidaturas de nais e pais, que teredes que notificar á escola, adxuntando o pdf “solicitude de candidaturas” que tedes a vosa disposición a continuación.
Martes 16 de novembro anunciaranse as candidaturas e haberá 2 días para posibles reclamacións. Realizarase o sorteo para a elección da mesa electoral de nais e pais (4 membros e 4 suplentes) ás 15:30h.
Martes 23 de novembro realizarase a votación das nais e pais na entrada da escola en horario de 9:00 a 9:30h. e de 15:00 a 15:40h.
Venres 10 de decembro, constitución do novo Consello Escolar.
Antes do 17 de decembro remitirase a documentación á Xefatura Territorial.
O proceso levarase a cabo cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade. Esperamos contar coa vosa participación e colaboración.
Ao final da entrada atoparedes adxunta a normativa que regula este proceso.
Adxuntamos o calendario escolar para o presente curso 2021/2022.
Na seguinte ligazón podedes acceder á orde que aproba o calendario escolar establecido pola Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/34170
Aos festivos que figuran no calendario proporcionado pola Xunta, engádese o 11 de outubro (Día do ensino) e o 11 de novembro (San Martiño, festivo local en Moaña). Así mesmo, todos os centros educativos de Moaña solicitamos o 7 de decebro como día non lectivo.
As clases para o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil comezará o 9 de setembro de 09:00h. a 14:00h. con servizo de madrugadores e comedor.
Para o alumnado de 4º de Educación Infantil o horario será o que figura no documento "Período de adaptación" que vos facilitamos no momento de formalizar a matrícula.
Feliz verán!
Un saúdo
Adxuntamos a organización do período de adaptación para as nenas e os nenos matriculados na nosa escola o curso 2021-2022.
Dende hoxe ata o día 22 de xuño está aberto o prazo para presentar solicitudes de Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Esta solicitude deberedes presentala preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B) ou no centro no que o alumno ou alumna curse 1º de Educación Primaria.
Enlace para presentar a solicitude telemáticamente https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Documentos:
- Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula o proceso (premer aquí)
- Resumo (premer aquí)
- Anexo ED330B (premer aquí)
Debido á actual situación sanitaria derivada da pandemia pola COVID-19 e coa finalidade de cumprir os protocolos, este curso poñemos a vosa disposición unha presentación coas características metodolóxicas e organizativas do noso Proxecto para que poidades coñecernos mellor.
*Algunhas das fotos foron tomadas en cursos anteriores.
Tamén vos deixamos esta visita virtual pola nosa escola para que poidades ver as nosas instalacións.
As persoas interesadas en recibir máis información sobre a nosa escola podedes contactar connosco a través do correo electrónico (eei.docon@edu.xunta.gal) ou por teléfono (886 110 262) en horario de L. a V. de 12:30h. a 14:00h. Non dubidedes en chamar, estamos a desexar responder todas as vosas dúbidas referidas a horarios da escola, actividades extraescolares, servizos que ofertamos, metodoloxías...
O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2021/ 2022 será do 1 ao 22 de marzo, segundo a Orde do 18 de decembro de 2020.
Documentación:
O prazo para solicitar a reserva de praza nos centros de adscrición para o curso 2021/2022 será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.
Aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Primaria, os centros de adscrición da EEI do Con son o CEIP Plurilingüe de Tirán e o CEIP de Quintela.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (ver arquivo adxunto, modelo ED550A), ou a través da aplicación AdmisiónAlumnado, no menú Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude
Nesta entrada atoparedes unha breve selección de contos e libros en lingua galega elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo para a etapa de Educación Infantil e persoas adultas.
Agardamos que vos sexa de utilidade.