Skip to Content

Caracois

Recollimos os caracois do xardín para evitar que coman as nosas plantas. Temos agora unha granxa de caracois.

O pasado venres observamos que alimentos lles gustarían. Colocámoslles cenoria, azúcre, sal e leituga a uns caracois e esperamos a ver que facían. Observamos que lles gusta a leituga e a cenoria; o sal, polo contra, non.

Do mesmo xeito, probamos se preferían camiñar por riba dunha lixa ou pola bandexa. Preferindo esta última.

Por último observamos a súa boca a través dunha superficie transparente.

 



page | by Dr. Radut