EEI de Vilariño
Baixamos ao Centro de día a celebrar un Samaín moi especial.
Pintamos cabazas, fixemos postres terroríficos e bailamos xuntos.
Conversamos sobre a festa do Samaín.
Neste mes tivemos a visita de Paco Nogueiras para disfrutar coas lecturas dalgúns contos dunha das nosas editoriais favoritas.
Disfrutamos coas lecturas e cancións. Souponos a pouco.
Visitamos o estanque da avoa de Alber. Encantounos ver o pato, as carpas, as tartarugas e escoitar algunha que outra rá.
Ademais agasalláronnos cunha deliciosas rosquillas. Pasámolo xenial!!!
Isa, a nai de Manuel falounos do traballo en correos: como se clasifican, ordean e repartan as cartas para que cheguen ao seu lugar. Con Lorena, mamá de Abril , descubrimos como se fai unha entrevista de traballo e elaboramos o noso curriculo.
As ventás da nosa escola cheas de mulleres especiais para nós.
As mamás e as avoas veñen á escola a falarnos das súas experiencias, traballos, aficcións e compartir momentos moi especiais.
Unha aperta enorme desde aquí para todas neste dia tan especial.