Visitamos o Vales de Primaria
No mesmo marco do Plan de Acollida compartido co centro adscrito, uns días máis tarde da Xornada de Convivencia en Coirós co alumnado de 6º nivel de Educación Infantil do Vales, reunímonos de novo, xunto coas Escolas Unitarias de Paderne, para coñecer, explorar e experimentar as instalacións de Primaria do centro adscrito nas que este alumnado continuará a súa escolarización a partir do próximo curso.
Bailamos na Aula de Música ..
Participamos nunha actividade colectiva ..
Co alumnado de 1º E facemos pulseiras na súa aula..
Educación Física con el profe Miguel en el polideportivo ..
Un conto na Biblioteca ..
Agradecemos o esforzo de organización e posta en marcha que supón para o centro adscrito o desenvolvemento desta experienica, que pon en termos de realidade as expectativas que os nenos e nenas crean ante este cambio de etapa.