A Nosa Escola
A Escola de Educación Infantil de Coirós é un centro educativo público, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que escolariza alumnado do 2º ciclo de Educación Infantil.
As instalacións actuais inauguráronse ao inicio do curso 2021-22, reubicando ás dúas antigas Escolas Unitarias do Concello de Coirós (EEI Fontelo-Ois e EEI Coirós de Arriba).
Actualmente conta con 2 aulas mixtas nas que conviven nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos.
A nosa escola está adscrita ao CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos, co que compartimos Departamento de Orientación e coordinación pedagóxica, participando en proxectos de traballo comúns.
Contamos cunha potente comunidade educativa, na que a participación activa e a colaboración estreita son as súas fortalezas.
Para saber máis de nós: Adxuntamos dous documentos.
Para contactar:
TELÉFONO: 639709895
CORREO ELECTRÓNICO: eei.coiros@edu.xunta.gal
Para visitarnos:
ENDEREZO POSTAL: E.E.I. de Coirós
Figueiras, 30A (Lesa)
15316 Coirós (A Coruña)
UBICACIÓN: 43°14'23.3"N 8°08'57.8"W
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Cartel Presentación EEI de Coirós.pdf | 1.96 MB |
Visita a Escola.flv | 12.45 MB |