Skip to Content

MASCOTA AULA

MASCOTA CLASE_0.JPG

Publicada a Listaxe de Admisión Provisional para o curso 2022-23

Unha vez rematado o prazo de Admisión do alumnado para o curso escolar 2022/23, faise público que todo o alumnado solicitante obtivo praza na EEI de Carantoña.

A consulta da listaxe completa realizarase no interior das instalacións da EEI de Carantoña.

Os prazos de matrícula serán notificados cando proceda.

 Para calquera outra cuestión estamos a vosa disposición a través das canles de comunicación habituais.

eei.carantona@edu.xunta.es

673356693

 

Samaín 2021

Aquí vos deixo algunhas fotos da nosa celebración do Samaín 2021. ¡Estaban todos terroríficos!

Samaín 2021

Benvida do curso 2021/2022

¡Benvidos a todos ao novo curso 2021/2022! 

MATRÍCULA CURSO 2020/2021

Unha vez rematado o prazo de Admisión do alumnado para o curso escolar 2020/2021 faise público que todo o alumnado solicitante obtivo praza na EEI de Carantoña.

As listas provisionais de admitidos publicaranse antes do 9 de xuño de 2020. A súa consulta realizarase no interior das instalacións da EEI de Carantoña.

O alumnado debe formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.

 Para calquera outra cuestión estamos a vosa disposición a través das canles de comunicación habituais.

eei.carantona@edu.xunta.es

618 63 63 18

Adaptación da programación didáctica por mor do COVID - 19

Nas Instrucións da Consellaría de Educación do 27 de abril de 2020, relativas ao desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-20, recóllese a necesidades de  publicar na páxina web do centro as adaptacións realizadas nas programacións didácticas para o seu coñecemento por parte da comunidade educativa.

 

Reanudación do proceso de Solicitude de Admisión

Estimadas familias

 

Tal como se establece na Resolución do 5 de Maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, reanúdase dende o vindeiro luns día 11 de maio e até o luns 18 de maio (ambos incluídos) o prazo para a Solicitude de Admisión do alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021.

Debido a situación sanitaria na que nos atopamos deberán terse en conta as seguintes cuestións:

Distribuir contido


by Dr. Radut