Unha vez rematado o prazo de Admisión do alumnado para o curso escolar 2020/2021 faise público que todo o alumnado solicitante obtivo praza na EEI de Carantoña.
As listas provisionais de admitidos publicaranse antes do 9 de xuño de 2020. A súa consulta realizarase no interior das instalacións da EEI de Carantoña.
O alumnado debe formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.
Para calquera outra cuestión estamos a vosa disposición a través das canles de comunicación habituais.
eei.carantona@edu.xunta.es
618 63 63 18