Skip to Content

Admisión 2024/25

PRAZOS E INFORMACIÓN

RESERVA DE PRAZA 

16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO.

 

Reserva de praza para o alumnado de 6º de EI do noso centro que desexe ser adscrito ao CEIP FLAVIA:


Para máis información clicar aquí.

 

 

 

 

VACANTES 

ANTES DO 1 DE MARZO.

 

Publicación das vacantes que hai na escola.

SOLICITUDES

1 AO 20 DE MARZO.

 

  • Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia e/ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo)

  • A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

    • Recollerse no centro. (*)

    • Cumprimentarse on line na aplicación sen presentar por Sede Electrónica. (*)

    • Descargarse e cumprimentar de forma manual: Anexo II. (*)

    • Cubrir a solicitude on line e asinala en Sede Electrónica.

(*) Nestes casos anteriores a instancia deberá ser entregada na escola e no prazo indicado.

 

 

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

 10 días hábiles a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

 

Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.

LISTAXES PROVISIONAIS

 25 DE ABRIL

 

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes no prazo de 5 días contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 

LISTAXES DEFINITIVAS

 15 DE MAIO

 

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas procédese á publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido. Contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes.

 

 

MATRÍCULA

 20 AO 30 DE XUÑO

 

Formalización da matrícula do alumnado admitido

 

LEXISLACIÓN E INFORMACIÓN XERAL

 

Lexislación

 

 

Información xeral

 

 

Horario de oficina durante o proceso: Luns a venres de 09:00h a 14:00h. Recoméndase chamar previamente ou escribir ao email da escola xa que podemos estar realizando algunha saída.

 

 

VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

 

 

 

Curso Prazas por curso Permanencias Vacantes
4º A Infantil 7   7
5º A Infantil 6 5 1
6º A Infantil 7 6 1

 



page | by Dr. Radut