Skip to Content

2012-2013

AULA VERDE STYLE

Ola familias:

      Logo  de  pedir e pedir  todo o curso poder  escoitar  o  "Gangnam Style" e as súas  diversas versións ("Pocoyó Style", "Rías  Baixas Style"...), decidímonos a crear  a nosa  propia  letra  que  serva de  recordo  do que foron estes tres  anos  na escola.

     Invitámosvos  a  que  a  aprendades para  acompañarnos  cantando  na festa  de  fin  de  curso.

      No 1º  vídeo  podedes  escoitar  como  a  cantamos  nos  e  logo  intentalo vos  sós  no 2º.

      Imosss!!!!    

 

Un paseo por Os Ánxeles

A semana pasada fomos coñecer o noso entorno máis próximo, Os Ánxeles. Vimos  o Pazo de Armental, muiños,a fonte de augas ferras,a igrexa parroquial... Ollade:

UN LUNS CALQUERA...

OLA  FAMILIAS:

     HOXE  QUEREMOS  COMPARTIR  CON  VOS  A  NOSA CONVERSA A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ DE ... UN  LUNS  CALQUERA ...

    ESPEREMOS  QUE  O  DISFRUTEDES!!

                                                             SAUDIÑOS!

TARTA DE QUEIXO

    Para  despedir  este  curso  de cociña  fixemos  unha riquííísima  tarta  de  queixo.

    Mirade  as  fotos  para  aprender  a  facela:


A NOSA VISIÓN DE BRIÓN

OLA  FAMILIAS:

COMO SABEDES,FAI UNHAS SEMANAS  FIXEMOS UNHA VISITA PARA COÑECER UN POUCO MELLOR O NOSO CONCELLO.

ESTIVEMOS NAS TORRES DE ALTAMIRA,EN SANTA MINIA, NO TREMO, NO RÍO PEGO, EN BASTAVALES... E  VIMOS HÓRREOS, IGREXAS, CRUCEIROS, LAVADOIROS, RÍOS, UNHA PONTE ROMANA QUE UNE TEO CON BRIÓN...

TODAS AS FOTOS DESTA SAÍDA FORON FEITAS POR NOS (@S NEN@S) PERO TENDES QUE PERDOAR PORQUE PARECE QUE A CÁMARA INFANTIL DA ESCOLA NON TEN MOITA CALIDADE (OU NON NO LA PUXERON A PUNTO...). ESPERAMOS QUE POLO MENOS VOS FAGADES UNHA IDEA DO QUE VIMOS E O BEN QUE O PASAMOS!!

SEMANA DO LIBRO

Este ano, logo da boa experiencia do 2012, voltamos pedir colaboración ás familias para celebrar  a  semana do libro...GRZAS!!!!

Ah! E xa chegou a nosa mascota á biblioteca... a ver se a vedes por aí...

TORTA DE MILLO

E seguimos  cociñando... Esta vez fixemos  unha torta de millo.

Se estades dispostos a abrir  o apetito, ollade!

TORTILLA DE PASCUA

Seguimos coas receitas galegas da  maleta  viaxeira; esta vez tocou facer... TORTILLA  DE  PASCUA !!!

A PRIMAVERA CON NAZA

Naza, gustounos moito terte con nos facendo as prácticas. Aquí che deixamos un vídeo-resumo das cousas que fixemos contigo.

Unha aperta  e... ven visitarnos!

DÍA DA MULLER

BOAS:

AQUÍ  VOS  DEIXAMOS  A NOSA  PEQUENA  HOMENAXE   ÁS  MULLERES, NESTE DÍA ADICADO A TODAS ELAS:

Entroido 2013

Aquí tedes unha pequena mostra, do ben que o pasamos no entroido. Hai que dicir que os disfraces quedaron moi chulos, non si? Estes mestres e mestras merecen un aplauso!!!

http://www.youtube.com/watch?v=9AL83luTwpA 

O Entroido

E aquí unha pequena mostra do ben que o pasamos no entroido!!!

Reportaxe TVG "Reciclando papel con ADEGA"

 

Estimadas familias:


Como sabedes, o xoves 21 veu a TVG gravar o obradoiro de ADEGA de reciclaxe de papel.

Quedaron de avisarnos cando o emitiran pero non o fixeron e non o soubemos ata o día seguinte de que o puxeran.

 

 Podedes velo aquí.

                                                           Un saúdo!

 


O Quebranoces

Pouco despois de voltar das vacacións a nosa primeira saída foi a Santiago a ver "O Quebranoces" A verdade é que o pasamos moi ben e aquí tedes unha pequena mostra do que vimos .

http://www.youtube.com/watch?v=Oq8iqiUGI9Q&feature=youtu.be

De todo un pouco...

Boas!

    Ademais das festas, as saídas e os traballos impresos que levades para as casas...gustaríanos compartir con vos o que foi o día a día na escola este 1º trimestre.

   Como veredes gústanos xogar, facer crebacabezas, disfrazarnos, ler, ir á carballeira e facer actividades con elementos da natureza... Tamén aprendemos cousas sobre Galicia (moitas delas grazas á colaboración das familias): carteámonos cunha peregrina que nos manda cousiñas dos pobos polos que pasas, facemos un recuncho sobre o tema, traballamos co mapa...

Un saúdo!

MAGOSTO - NADAL

Ola!

Como cada curso , celebramos as festas populares :

Magosto: fomos á escola da Luaña e merendamos castañas, pan con mel, mazás... Tamén cantamos, xogamos...e rematamos coa cara tisnada do carbón.

Nadal: decoramos a escola, escribimos as cartas dos Reis Magos e entregámosllas aos seus paxes, falamos do Apalpador... e despedimos o trimestre cunha merendola con doces propios da festa.

POLBO Á FEIRA

Como sabedes, este ano estamos a elaborar un recetario coa gastronomía típica de Galicia.

Aínda que na aula é imposible levar á práctica todas as propostas, algunha como a seguinte sí:

Obradoiro de nadal

Como xa vos adiantáramos na primera circular, a actividade do mes de decembro será un Obradoiro de Nadal

Samaín 2012

O noso Samaín deste ano foi moi divertido, tivemos multitude de xogos terroríficos, contos de medo e mesmo doces do máis arrepiantes.

Obradoiro de cociña

Grazas a todos os que participastedes no obradoiro de cociña. Esperamos que os nenos o pasaran en grande.

Aquí tedes unha mostra das propostas dos nosos chefs. Bon apetit.

Obradoiro de Cociña

Como xa vos anunciáramos, a activid

Contacontos (19/10/2012)

Pasámolo realmente ben no "maratón de contacontos" do pasado 19 de outubro. Grazas aos pais que colaboraron lendo os libros favoritos dos pequenos, puidemos pasar a mañán co "Pollo Pepe", "Fonchito", "o gato Guille", o morcego "Estelaluna", os "tres porquiños", unha vaca que puxo un ovo e moitos outros amigos.

Aquí podedes ver algunhas fotos.

SAMAÍN

Ola!

A semana pasada decoramos a escola para o Samaín.

Ademais, fixemos "ósos de santo" para a festa , para o que fomos á tenda mercar os ingredientes.

O venres, logo da merenda, xogamos á pantasma, contamos contos terroríficos, maquillámonos, buscamos premios en caixas monstruosas...

Pasámolo de medo!

 

Actividades extraescolares da ANPA

Pinchando aquí, accederedes á enquisa da ANPA para participar nas actividades que están organizando.

No archivo adxunto hai máis informfación sobre as actividades a realizar.

Gracias por participar.

FESTA DA AUGA!!!

BENVIDOS!!!!

INAUGURAMOS ESTE NOVO CURSO CUNHA FESTA APRAZADA EN XUÑO: A FESTA DA AUGA; PASÁMOLO XENIAL E ACABAMOS COMO PITOS ... MIRADE!!


Distribuir contido


by Dr. Radut