Skip to Content

Celebracións

Entroido 2016

Aquí deixamos o vídeo do Entroido. Queremos dar as grazas a Suso por conseguir traer á escola aos Xenerais do Ulla, e tamén a Elisa polo traballo realizado coas fotos e o vídeo. Esperemos que vos guste.

Entroido 2015

Aquí vos deixamos o vídeo do Entroido. Esperamos que vos guste. Queremos dar as grazas ás familias pola elaboración dos postres e pola participación na festa.

ENTROIDO 2015

Xa está aquí o Entroido! Para festexalo para a próxima semana disfrazarémonos cumprindo cos mandadiños.

O venres 13 a partir das 11:30 celebraremos a gran festa á que están convidadas todas as familias.

Entroido 2013

Aquí tedes unha pequena mostra, do ben que o pasamos no entroido. Hai que dicir que os disfraces quedaron moi chulos, non si? Estes mestres e mestras merecen un aplauso!!!

http://www.youtube.com/watch?v=9AL83luTwpA 

Samaín 2012

O noso Samaín deste ano foi moi divertido, tivemos multitude de xogos terroríficos, contos de medo e mesmo doces do máis arrepiantes.

Festa fin de curso.

Estimadas familias:

Queremos convidalas á festa de fin de curso que celebraremos o vindeiro xoves 21 de xuño, ás 17:00h no patio da escola.

Teremos diferentes xogos populares e unha merenda.

                  

Entroido 2012

POLO SAN MARTIÑO NA LUAÑA UN MAGOSTIÑO

O venres foi o san Martiño, e foi o día que eliximos para celebrar o magosto. Novamente fomos comer as castañas cos nenos e nenas da Luaña. Pero non só comemos castañas tamén probamos noces, mel, marmelo caseiro, etc. E finalmente pintáronnos a cara cun tizón. Mirade o vídeo xa veredes!

 

 

Samaín 2011

Como xa vos dixemos tivemos unha gran festa , para celebrar o Samaín na escola. Trouxemos cabazas, comemos doces monstruosos, disfrazámonos e xogamos a xogos que dan moito medo. Queredes ver un pouquiño do que fixemos? So tendes que ver  este vídeo!

Xa chegou o Samaín!

Xa está a quí o Samaín!

Volven as

       

cabazas  bruxas  esqueletos  monstros

que tanto medo nos dan.

Se queredes vir a unha festa terrorífica

xa sabedes o próximo venres no noso

cole. 

Na EEI dos Ánxeles xa estamos preparados para o Entroido

Na EEI dos Ánxeles, xa estamos preparados para o Entroido!

 

Durante a vindeira semana teremos que traer ao cole unha cousa diferente. O que traiamos o luns, teremos que traelo tamén o martes e o resto dos días, ademáis do obxecto novo que vos vaiamos pedindo. 

 

Día da paz

O día 30 de xaneiro celébrase o día da PAZ Un día para pensar no que significa para nós esta palabra.

Todos xuntos pintamos unha árbore chea de pombas brancas feitas coas nosas mans  e  unha bola do mundo onde todas as razas e relixión se dan a man.

Bo Nadal

Desde a EEI dos Ánxeles dese xámosvos unhas felices festas e un próspero ano novo.

Así despedimos nós o ano:

Asistimos a unha videoconferencia con Papá Noel.


 

Fixemos postais de nadal.


 

E finalmente despedimos o ano cunha festiña para a que todos cociñamos. 


Magosto na Luaña

  


Este ano celebramos o magosto na Luaña. Alí os nenos e nenas, e a profe Rosa, recibíronnos con moitos froitos do outono, e castañas asadas. Tamén puidemos probar mel recén recollido.

Festexamos o Samaín e o Halloween!



Nestes días de outono a nosa escola festexa o Samaín. Que non sabedes o que é?


O Samaín é unha festa que ven xa de hai moito tempo e na que se empregan as cabazas para meter medo.


Imos tod@s traer cabazas o colexio para decoralas e así celebrar esta festa.


Ca teacher de Inglés tamén cebramos o Halloween que é moi parecido o Samaín, pero no Halloween os nenos disfrázanse e van pedir caramelos polas portas.


 


Distribuir contido


by Dr. Radut