Neste curso o noso colexio forma parte do proxecto Portfolio Europeo das linguas (PEL).
O PEL é un documento vinculado á aprendizaxe de linguas promovido pola Unión Europea. Está dividido en 3 partes:
O PASAPORTE DE LINGUAS: onde se reflexa mediante un cadro de autoavaliación os logros acadados en diferentes linguas, os diplomas obtidos, cursos...
A BIOGRAFÍA LINGÜÍSTICA: onde se describen as experiencias en cada unha das linguas.
O DOSSIER: este contén exemplos dos traballos ou proxectos realizados nas diferentes linguas (documentos escritos, presentacións, vídeos, diplomas...).
O PEL de infantil non só será completado polos nenos e nenas senón que as familias xogan un papel fundamental, xa que terán que axudar ós nenos a completar o seu portfolio.
Como? Axudándolles a crear a súa biografía, a recopilar elementos de interés para o seu dossier...
Despois da primeira reunión informativa, enviarásevos información sobre as actividades que se desenvolvan e precisen da vosa colaboración. De igual xeito tamén poderedes participar a través dos proxectos que se sitúan na entrada principal.
Se facedes click sobre esta imaxe poderedes acceder á web onde atoparedes máis información sobre o PEL.