MALETA VIAXEIRA
Esta nova MALETA VIAXEIRA vai empezar a súa andaina indo de casa en casa nun día moi importante no calendario de celebracións do XOGO TRADICIONAL, o día de San MARTIÑO co seu dito tan coñecido:
POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS Ó CAMIÑO. Quere que a enchades con cancións de roda, sorteos, partes do corpo,… O seu funcionemento é moi sinxelo: 1. Buscamos sobre o tema. 2. Escollemos a que máis nos guste. 3. Decimos quen nola dixo, idade, onde vive, a relación que ten con nós e todo aquelo que nos pareza interesante. 4. O tempo é dunha semana. 5. Xa de volta na clase, traballamos 1 cada semana ilustrándoa, recintándoa, cantándoa, xogando con ela e expoñéndoa para recordala nun lugar que escollamos. 6. Usarémolas ata facelas nosas en todas as actividades onde “encaixen”. 7. Cando remate o curso, todo este tesouro volverá ás vosas casas para que o teñades presente, e compartades toda esta riqueza oral e que siga viva e gozando de boa saúde moitos anos máis. Graciñas pola vosa colaboración
Comentarios