EXCURSIÓN A SANTIAGO (Abril )
Á VOLTA DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA FOMOS DE EXCURSIÓN A SANTIAGO.
POLA MAÑÁN MERENDAMOS NA PRAZA DAS PRATERÍAS E A PROFE CONTOUNOS UN CONTO MOI "CHULO" QUE NOS PRESTOU JOSE LUÍS CHAMADO "SAR, SARELA E OS MONSTROS DE COMPOSTELA". NEL FALÁBASE DE GÁRGOLAS QUE HAI NOS TELLADOS DE SANTIAGO POLO QUE O REMATAR B USCAMOS E ATOPAMOS ALGUNHA NA RÚA DO VILAR.
LOGO VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOS DE GALICIA DE RUTH ANDERSON. PEDÍRONNOS QUE FOSEMOS DETECTIVES E BUSCASEMOS COUSAS TÍPICAS GALEGAS QUE RUTH DEIXARA AQUÍ CANDO ESTIVO FACENDO AS FOTOGRAFÍAS. ATOPAMOS UNHA BUXAINA, LEITE, VIÑO, UN TRAXE REXIONAL... E METÉMOSLLE TODO NUNHA MALETA PARA MANDARLLE A AMÉRICA. TAMÉN PINTAMOS UN MAIO.
CO TRABALLO FEITO TOCÁBANOS COMER NA ALAMEDA E DE PREMIO... UN RATIÑO AO PARQUE ( A CALOR QUE FACÍA NON FOI IMPEDIMENTO PARA PASALO "PIPA").
POLA TARDE VISITAMOS O MUSEO DE HISTORIA NATURAL ( QUE VOS ACONSELLAMOS QUE NON VOS PERDADES). NAS FOTOS PODEDES VER UN PEQUENA PARTE DO QUE ALÍ HAI.
OS CHICOS QUE NOS ENSEÑARON OS ANIMAIS, PEDRAS... TAMÉN NOS LEVARON A FÓRA A ENSINARNOS UNHA ÁRBORE CHAMADA MANU (MAGNOLIO) QUE CUMPLIA 75 ANOS E TIÑA UNHAS RAÍCES ENORMES. TIVEMOS QUE BUSCAR A ALGÚNS DOS SEUS AMIGOS PARA CONVIDALOS Á FESTA QUE ÍA A CELEBRAR.
POR ÚLTIMO MERENDAMOS E COLLEMOS O AUTOBÚS DE VOLTA.