Scrabble
O segundo proxecto que levamos adiante co portfolio das linguas, foi este singular xogo de formación de palabras, o SCRABBLE. Novamente foi un proxecto común para as diferentes linguas do centro, e outra vez máis, emprazouse na entrada principal da escola, onde todos temos acceso a el.
Para xogar o noso SCRABBLE, o primeiro que hai que facer é elixir unha palabra, unha que nos guste moito, en calquera das linguas. Unha vez a temos elixida só temos que pensar se é unha palabra que está en inglés, castelán ou galego, xa que seguiremos o código de cores que asignamos para cada unha das linguas: GALEGO, CASTELÁN e INGLÉS.
Finalmente só temos que buscar as letras que forman a nosa palabra e para iso vannos axudar os demais.
Entre todos imos formando palabras que forman unha gran cadea multicolor!