Skip to Content

Reunións de principio de curso

Estimadas familias,

As reunións de principio de curso realizaranse de xeito telemático, empregando diferentes medios dependendo do curso do alumnado.

A reunión para as familias que solicitaron o comedor escolar terá lugar o luns día 7 de setembro ás 17:00 a través da aplicación Cisco Webex. Xa se enviou un email a todas as familias, explicando como se pode descargar a aplicación e indicando o número de sala para a reunión.

A titoría co alumnado que comeza novo na escola en 4º de educación infantil realizarase a través de chamada telefónica. O martes 8 de setembro durante a mañá os titores e titoras dos diferentes grupos chamarán a todas as familias por teléfono.

As titorías co alumnado de 5º e 6º de educación infantil realizarase a través de videoconferencia coa aplicación Cisco Webex (é a mesma aplicación que se empregou durante o curso pasado para as videconferencias co alumnado). Nos vindeiros días os titores e titoras dos diferentes grupos enviaranvos a través do email ou de Abalar Móbil o número de reunión.



page | by Dr. Radut