Skip to Content

REANUDACIÓN DOS PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN

Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado.

Dende o vindeiro luns 11 de maio e ata o luns 18 de maio poderase entregar no centro a documentación para a solicitude de admsión de alumnado. As novas datas de todo o proceso son:

 

  • entrega de solicitudes de admisión:  do 11 ao 18 de maio incluídos.
  • entrega de documentación en caso de que sexa necesario baremar: ata o 26 de maio. ( o día 19 de maio avisaremos por email e na web do centro se é necesario baremar)
  • publicación das listas provisionais de admitidos: antes do 9 de xuño
  • no prazo de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da lista provisional poderanse realizar reclamacións no centro.
  • publicación da lista definitiva de admitidos: antes do 26 de xuño.
  • realización da matrícula: do 1 ao 10 de xullo

O horario do centro para realizar estes trámites administrativos será de 10:00 a 13:00 horas. Para calquera dúbida poden chamar ao número 981509977.

 



page | by Dr. Radut