Skip to Content

Excursión Pontevedra- Padrón

Por fin!

Estamos de volta por aquí. O ordenador do que vos falei segue estragado e non se puideron recuperar as fotos da visita á residencia así que toca esperar.

Logo desa saída, volvemos ir de excursión.

A mañá do 28 de Marzo fomos a Pontevedra ao slón do libro onde visitamos ao lobo Orbil e escoitamos historias de boa e mala sorte.

Ao rematar, collemos un tren cara Padrón onde comemos, xogamos e visitamos o xardín botánico en compaña dun guía que nos falou de certas árbores.

Para rematar visitamos a casa de Rosalía de Castro que por certo, nos encantou. Fíxonos gracia imaxinarnos a vida dunha persoa coñecida que á vez non o é tanto .

Deixámosvos unhas fotos:

Comentarios



page | by Dr. Radut