Novas  Galerías  Ligazons

NOVIDADES CICLOS E UNIVERSITARIOS

CICLOS
Poden pedir praza os solicitantes que xa tiveran un ciclo feito e quixeran pedir praza para facer outro distinto do mismo nivel, tendo preferencia os que pidan outro ciclo da mesma familia profesional.

UNIVERSITARIOS
Segundo a convocatoria os universitarios poderán pedir praza a partires do 30 de setembro, sempre e cando queden prazas vacantes, sen embargo de forma extraordinaria e para facilitar a incorporación o centro os universitarios poderán solicitar praza a partires do 1 de setembro. A selección farase por estricta orde de chegada. Os que así o desexen poderán incorporarse o día da apertura do centro, sempre e cando abonen o importe correspondente os días do mes de setembro.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR XUNTO COA SOLICITUDE
- Certificado do padrón no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven co solicitante, no que deberá constar o número de habitantes da entidade de poboación.
- Certificado oficial de notas curso escolar 2011/2012.
- Fotocopia da declaración da renda do ano 2011 ou autorización firmada no ANEXO III.
- D.N.I do solicitante.
- Excepcionalmente certificación dos servizos sociais si concorre algunha circunstancia especial, persoal ou familiar moi grave debidamente acreditada (DOGA nº91 Martes 14 Maio 2013).