Novas  Galerías  Ligazons

"Leite solidario" (Banco de Alimentos)

Levouse a cabo no crd, en colaboración co IES Universidade Laboral , unha campaña extraordinaria de recolleita de leite. Esta campaña realizouse respondendo as necesidades urxentes do banco de alimentos de productos de  primeira necesidade.

Do 7 ao 10 de outubro recolléronse máis de 500 litros de leite. As Direccións respectivas do CRD  e o IES fixeron a entrega ao Banco de Alimentos no propio centro.