2015-2016

SAMAÍN EN QUINTÁNS

Na escola de Quintáns celebramos o Samaín fai uns días. Foi unha festa ben especial. Houbo disfraces, aniversarios, tarta...pero algo tremendo pasou esa mañá! A escola encheuse de pantasmas e...Se queredes saber máis, teredes que ver o noso vídeo!

Bicos e apertas cargadiñas de medo!Anoxado

GABRIEL E MIGUEL FANSE MAIORES!

O mesmo día que celebramos o Samaín na escola, fixemos a celebración dos cumpreanos que tiveron lugar no mes de outubro. Este mes os homenaxeados foron Gabriel e Miguel e desfrutamos cunha magnífica tarta de arañas! Ademais, como estabamos disfrazados, foi unha festa aínda máis especial.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moitas felicidades rapaces!

 

 

 

DE CONCERTO A COMPOSTELA!

O mércores 28 de Outubro, tocounos ós nenos e nenas de Quintáns visitar o auditorio de Galicia para asistir ó concerto didáctico "Acábate la sopa".

A viaxe foi moi divertida, merendamos na porta do auditorio e tomamos galletas e auga.

Despois de relaxarnos uns intres, entramos xa a disfrutar deste fantástico concerto.

Pasámolo moi ben coa historia de Muriel e os seus amigos, e algúns ata nos demos conta de que no medio do concerto apareceron imaxes de Neil Armstrong pisando a lúa!

Un día cheíño de cousas bonitas!

Arte e sensiblidade

A arte como forxadora
da sensibilidade.

Período de adaptación SUPERADO!!

Fantástica adaptación dos de 3 anos ao grupo de Rañó. Benvidos Lois e Paula!

Merendas saudables

Con estes manteis creados polos nenos e nenas de Infantil, coa axuda da profe Cris,  as nosas merendas saudables están aínda máis ricas.

Período de adaptación SUPERADO!!

As novas incorporacións ao grupo de Rañó neste curso foron todo un éxito. Período de adaptación máis que superado Guiño. Benvidos Lois e Paula!

MAGOSTO

O venres 13 de novembro a comunidade educativa do Cra de Rianxo celebrou a tradicional festa do magosto na escola de Rañó.

O claustro de profesores e profesoras quere manifestar o seu agradecemento a todas as familias pola súa colaboración, e en especial ás familias anfitrionas que tan ben nos souberon acoller na súa escola.

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA

Que ben o pasamos na nosa primeira saída a Santiago de Compostela! Estas imaxes dan boa conta da nosa experiencia.

 

 

Distribuir contido