2015-2016
ALIMENTOS DO OUTONO
XA QUE ESTÁBAMOS A TRABALLAR CON TODO O RELACIONADO CO OUTONO, QUE MELLOR QUE PROBAR ALGÚNS FROITOS TÍPICOS DESTA ESTACIÓN. ALGÚNS XA OS COÑECÍAMOS, COMO AS AMÉNDOAS E OS PISTACHOS, PERO A GRANADA E AS AVELÁS... NON NOS SOABAN MOITO, ASÍ QUE A PROBALO TODOS!!!!
- APIs de Blogue
CAPITÁN PLANETA E A SÚA PRIMEIRA MISIÓN
O OUTRO DÍA ESTÁBAMOS DISFRUTANDO DUN RECREO SOLEADO CANDO OS MESTRES NOS AVISARON DUN ACONTECEMENTO EXCEPCIONAL!!!! PASARA VOANDO MOI MOI RÁPIDO CAPITÁN PLANETA E TIROU UNHA CARTA DESDE O CEO!!!!! OHHHHH!!! TIÑAMOS QUE ATOPAR DONDE CAERA A CARTA!! QUE EMOCIÓN!! BUSCAMOS POR TODO O PATIO!! ATA QUE FINALMENTE APARECEU AO LADO DUNHA DAS MACETAS!!! NA CARTA ESCRIBIUNOS UNHA MISIÓN!!! TIÑAMOS QUE PLANTAR LIXOOOOO!!!
DECIDIMOS FACERLLE CASO!! PRIMEIRO PENSAMOS QUE PODÍAMOS PLANTAR!! LOGO FOMOS POLO LIXO QUE TIÑAMOS NA AULA E PLANTAMOS EN 3 ENVASES DISTINTOS:
- PLÁSTICO
- MATERIA ORGÁNICA
- PAPEL
AGORA TEMOS QUE ESPERAR PARA VER O QUE PASA!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS DESTA MISIÓN TAN DIVERTIDA
- APIs de Blogue
SAÍDA A BIBLIOTECA DE DANIEL
O DÍA 5 DE NOVEMBRO ASISTIMOS A ASADOS PARA DISFRUTAR DUNHA MAGNÍFICA SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE DANIEL E UNHA SESIÓN DE MÚSICA QUE TIVO POR PROTAGONISTA A CANCIÓN "PAN DE MILLO"
FOI UNHA XORNADA MOI AMENA!! XA ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE A SEGUINTE INVITACIÓN!
- APIs de Blogue
Learning colours with Cheeky
For our youngest pupils, learning colours is easy with Cheeky changing his t-shirt from time to time. We look for things in the class with the same colour as Cheeky's t-shirt. Meanwhile, the oldest pupils learn how to read and write the name of the colour in English.
RED BLUE YELLOW
Para os nosos alumnos/as máis novos, aprender as cores é doado con Cheeky cambiando de camiseta de cando en cando. Buscamos cousas na clase da cor da camiseta de Cheeky. Mentres tanto, os alumnos/as máis maiores aprenden a ler e escribir o nome da cor en inglés.
- APIs de Blogue
MAGOSTO EN RAÑÓ
CASTAÑAS ASADAS , LEITE (SEN MEL...)
MOITOS DOCES E UN ESTUPENDO CHOCOLATE
XUNTO CON XOGOS E CANCIÓNS ,
FOI O QUE TIVEMOS OS NENOS E NENAS
DO CRA NA ESCOLA DE RAÑÓ,
PARA FESTEXAR O MAGOSTO
GRUPO ROSA
GRUPO VIOLETA
GRAZAS AOS PAPÁS E MAMÁS
QUE COLABORARON COS SEUS POSTRES
E EN ESPECIAL AOS DE RAÑÓ QUE NOS ACOLLERON
E NOS ASARON AS CASTAÑAS.
- APIs de Blogue
PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO!!!
COMO TODOS OS ANOS POR ESTAS DATAS ESTIVEMOS PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO.
FIXEMOS UNS CUCURUCHOS COS BRIKS DE LEITE E DECORÁMOLOS
COA PROTAGONISTA DESTA FESTA: A CASTAÑA
LOGO RECIBIMOS MOI CONTENTOS A CONVITACIÓN DOS NENOS E NENAS DE RAÑÓ!!!
ESTABAN PREPARANDO UNHA GRAN FESTA!!
CADA UN DE NÓS TROUXO UNHA DUCIA DE CASTAÑAS. TAMÉN PICAMOS ALGUNHAS...
PROBÁMOLAS CRÚAS...E POSTOS A PROBAR...
DEGUSTAMOS OS FROITOS DO OUTONO QUE TIÑAMOS NA NOSA MESA DE OBSERVACIÓN:
NOCES, MANDARINAS, CAQUIS,GRANDADA, MAZÁ...
MIRADE UN RESUMO DE COMO FOI:
- APIs de Blogue
ACHÉGASE O MAGOSTO!
Achégase o magosto a Quintáns, no cal esperamos disfrutar moito con todos os nosos compañeiros e compañeiras do resto das escolas do CRA.
Esta semana nas nosas aulas, estivemos a traballar arreo para que a nosa escola quedase ben bonita e acorde con estes tempos de magosto e outono. Decoramos os teitos, as portas e ata as ventás con castañas. Unhas grandes, outras pequenas, algunhas de cores...
Pero cando máis disfrutamos foi facendo os nosos bolsos e cestas para papar as castañas este venres en Rañó, e ata as fixemos con dous espazos para botar nun as castañas e noutro as tonas!
Aquí vos deixamos este vídeo para que vexades como nos preparamos para o gran día!
Apertas castañeiras!
- APIs de Blogue
DANIEL TRÁENOS MILLO!
O 5 de novembro, os nenos e nenas de Quintáns, visitamos a biblioteca do noso amigo Daniel, xa que nos invitou cunha carta tan suculenta, que non podíamos desprezar a invitación de ningunha maneira. Prometíanos bonitas lendas de México, música e moito moito millo! Así foi! O profe Tobías leunos un contiño de México e algunhas das nosas mamás e avoas acompañáronnos para contarnos todo o que saben do millo e o seu cultivo!
Tamén o profe Rubén nos deixou tocar os instrumentos, e bailamos e cantamos ó ritmo de Migallas e o seu "Pan de millo". Podédesnos ver neste vídeo cantando e bailando contentiños como espigas en fror!
Foi un día emocionantísimo!
Agardamos que Daniel nos traia pronto máis aventuras así.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- seguinte ›
- última »