2015-2016
PLAN DE FROITA NAS ESCOLAS
O CRA DE RIANXO ESTÁ A PARTICIPAR UN ANO MÁIS NA CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA NOS CENTROS ESCOLARES.
O PROGRAMA, COORDINADO POLO FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA, PREVÉ A DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA EN VARIOS PERÍODOS SEMANAIS, CO REPARTO DUNHA PEZA DE FROITA A CADA ALUMNO E ALUMNA CADA UN DOS CINCO DÍAS DA SEMANA ELEXIDA.
A PRIMEIRA SEMANA DA FROITA TRANSCORRERÁ DENDE O LUNS 30 DE NOVEMBRO ATA O VENRES 4 DE DECEMBRO
- APIs de Blogue
O NOVO COMPAÑEIRO DE CUVIDE: AQUILES O PUNTIÑO
ESTE MES ESTAMOS A TRABALLAR O CORPO HUMANO A TRAVÉS DUN CONTO QUE SE TITULA: "AQUILES O PUNTIÑO". O LUNS POLA MAÑÁ TIVEMOS A GRAN SORPRESA DE QUE APARECEU POLA PORTA, SI SI, O MESMO AQUILES. MOITÍSIMAS GRACIAS OS PAPÁS DE CLAUDIA POR ESTE MAGNÍFICO TRABALLO.
- APIs de Blogue
TODOS SOMOS MARGARIDA!
O 25 DE NOVEMBRO CELEBROUSE O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NA ESCOLA DE QUINTÁNS LEEMOS O CONTO DE ROSA CARAMELO. UNHA HISTORIA BEN INTERESANTE SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO. ISTO LEVOUNOS A FACER UN EXPERIMENTO. SEPARÁMONOS EN GRUPOS DE NENAS E NENOS. PRIMEIRAMENTE, GUSTÁBANOS MOITO PERO DESPOIS, Ó VER QUE NON PODÍAMOS XOGAR CON TODOS OS NOSOS AMIGOS POR ESTAR SEPARADOS, XA NON NOS FIXO TANTA GRACIA. ASÍ QUE ENTRE TODOS DECIDIMOS QUE A MELLOR OPCIÓN ERA SER IGUAIS, FORMAR UN GRAN GRUPO E DARNOS UNHA APERTA COLECTIVA!
Ó DÍA SEGUINTE E PARA CELEBRAR O MOITO QUE NOS GUSTARA FACER ISTO E QUE TODOS SOMOS IGUAIS E TEMOS OS MESMOS DEREITOS, FIXEMOS UN GRAN MURAL.
ASÍ, POIS BERREMOS TODOS XUNTOS!
TODOS SOMOS IGUAIS! TODOS SOMOS MARGARIDA!
- APIs de Blogue
DIVERSIÓN NO SAMAÍN
A nosa celebración do Samaín foi do máis divertido! Chea de misterios, feitizos, conxuros, receitas terroríficas, cabazas arrepiantes.... Mirade, mirade, que estas imaxes dan boa conta do ben que o pasamos.
- APIs de Blogue
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO,
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
- APIs de Blogue
AO XEITO DE MONDRIAN
NA CONTORNA DESCUBRIMOS ELEMENTOS DA PINTURA DE MONDRIAN, QUE MÁIS TARDE REPRODUCIMOS NAS NOSAS ACTIVIDADES
- APIs de Blogue
CONVIDADOS POR DANIEL
CONVIDADOS POLO AMIGO DANIEL COMPARTIMOS UNHA MAÑÁ DE HISTORIAS, XOGOS E MÚSICA
- APIs de Blogue
COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
AO LONGO DESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS A TRABALLAR O OUTONO A TRAVÉS DUN PINTOR QUE SE CHAMA: ARCIMBOLDO. ESTE PINTOR CREOU CADROS DE PERSOAS FEITAS CON FROITOS E OBXETOS TÍPICOS DE CADA ESTACIÓN DO ANO, POLO QUE PARECEUNOS UNHA IDEA FANTÁSTICA TRABALLALO NA AULA. PERO ANTES, OS NEN@S TIÑAN QUE INVESTIGAR UN POUQUIÑO NAS SÚAS CASAS O QUE TÍÑAMOS ENTRE MANS, E ESTE FOI O RESULTADO:
MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN E OS TRABALLOS TAN BONITOS!!!!!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »